InicioMovementos SociaisA Área Sanitaria responde á CIG: a atención está garantida a todos...

A Área Sanitaria responde á CIG: a atención está garantida a todos os usuarios da Mariña

Como ben deberían saber os representantes da CIG, os traslados realizados foron sete a pacientes que precisaban a realización dun TAC diagnóstico urxente

Publicada o

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos garante a asistencia e a atención cos máximos estándares de calidade a todos os usuarios de A Mariña e nega as afirmacións da CIG sobre o traslado de pacientes ao Hospital Universitario Lucus Augusti, medida que só se adopta cando é absolutamente imprescindible e coa única finalidade de asegurar a mellor resposta para o proceso clínico de cada paciente.

As manifestacións da CIG só queren xerar alarma, non dubidando para iso en empregar unha linguaxe grandilocuente, con inzada de termos que esaxeran de tal forma a realidade que por si mesmos resultan inverosímiles, e coa intención de asegurarse un titular rechamante. Esta forma de proceder, vertendo afirmacións irresponsables e retorcendo a verdade, non axuda en nada a mellorar a sanidade pública, aínda que sí lles é útil para causar alarma que pretenden na poboación.

O TAC do Hospital Público de A Mariña sufriu na tarde do sábado unha avaría, algo nada insólito en calquera aparello de alta tecnoloxía que é usado dun xeito habitual. O mantemento integral dos aparellos de alta tecnoloxía do Hospital da Mariña é igual que o do resto de hospitais e que os que se realizan a este tipo de dispositivos de avanzada tecnoloxía, cuxas incidencias, por outro lado, se intentan solventar no menor tempo posible, tal e como se fixo neste caso, para ocasionar as mínimas molestias aos pacientes.

A descrición realizada pola CIG, de forma totalmente consciente, é absolutamente falsa. Na busca do titular non dubidan en faltar á verdade, malia que a ninguén se lle ocurriría crer que se trasladan cinco pacientes nunha mesma ambulancia, ademais do persoal clínico do hospital que os acompaña e os propios técnicos deste transporte sanitario.

Como ben deberían saber os representantes da CIG, os traslados realizados foron sete a pacientes que precisaban a realización dun TAC diagnóstico urxente. A maiores, houbo outros cinco traslados, tanto ao Hospital de A Coruña como ao HULA, de pacientes que pola súa situación clínica precisaban unha atención específica noutro centro hospitalario, algo que sempre se fixo, que se fai noutros hospitais e que se seguirá facendo cando a atención do paciente requira dalgunha proba ou técnica que se practique noutro hospital.

Dicir que se realizaron traslados con ata cinco pacientes na mesma ambulancia é algo que, non só é falso, senón absurdo e ilóxico. Eses días só houbo un desprazamento con dous pacientes na mesma ambulancia e baixo criterio facultativo, xa que previamente persoal clínico determina a conveniencia do traslado. Isto pon de manifesto as falsidades ás que recorren para crear alarma e preocupación entre os habitantes de A Mariña. Con todo, dende a área sanitaria pedimos disculpas aos pacientes que, nun momento determinado, tiveron que ser traslados a outro centro, polas molestias que iso supón para eles e as súas familias, aínda que dita medida sexa para ofrecer a mellor e máis eficaz resposta á súa situación clínica, que é o único que se pretende conseguir. E no caso de que un paciente teña que ser derivado a outro centro, o traslado faise en condicións absolutamente seguras, con todas as garantías e co persoal sanitario necesario en cada caso.

Así mesmo, se polas razóns que sexan, un paciente necesita ser hospitalizado ou recibir atención específica noutro centro hospitalario, serán traslados como sempre se fixo, como se fai noutros centros e como sempre se fará, pois o único obxectivo da xerencia da área sanitaria é garantir a mellor atención aos seus pacientes con todas as alternativas diagnósticas e terapéuticas que teñamos ao noso alcance.

Finalmente, lembrarlle á CIG que, como xa dixemos en moitas ocasións, no mes de novembro resolveuse un concurso de traslados (esixido en reiteradas ocasións polas centrais sindicais presentes na mesa sectorial) e estamos inmersos no proceso de resolución dunha Oferta Pública de Emorego-OPE- e dun concurso especial de méritos, nos que se ofertan máis dunha vintena de prazas de especialistas para o Hospital Público da Mariña, procesos que son longos no tempo polos prazos e trámites que hai que cumprir.

ÚLTIMAS

Veciño de viveiro acepta un ano de cárcere por distribuír pornografía infantil

Un veciño de Viveiro aceptou un ano de cárcere por tenencia e distribución de...

Alcoa poderá deixar de ser “empresa en crise” a final de ano

Alcoa manifestou que a finais deste ano, no último trimestre de 2025, "poderá deixar de...

ACISA e Concello de Ribadeo asinan un convenio de colaboración cunha axuda de 20.000 euros

Acisa e Concello de Ribadeo asinaron o convenio de colaboración anual que regula a...

Trabada denuncia o abandono sanitario da Xunta e esixe medidas inmediatas

O Concello de Trabada denuncia a situación tan preocupante que está a sufrir...