InicioMovementos SociaisA CIG denuncia carencias no Hospital da Mariña e a "carretaxe" de...

A CIG denuncia carencias no Hospital da Mariña e a “carretaxe” de pacientes ao HULA

Denuncian a falta de dotación mínima de Facultativos especialistas en Psiquiatría, Radioloxía, Neuroloxía, Cardioloxía, Uroloxía, Dixestivo ou Medicina Interna e que estas carencias foron o detonante da derivación masiva de pacientes da Mariña para ingresar ou diagnosticar no HULA

Publicada o

- Advertisement -

A representación da CIG no Hospital da Mariña denunciou que a pasada fin de semana numerosos pacientes foron derivados ao Hula pola incapacidade do centro mariñao para dar resposta ás necesidades sanitarias que se xeran na Comarca. “Un incesante ir e vir de ambulancias, carrexaron de xeito incesante, pacientes que deberan ser asumidos no hospital Mariñao”.

Segundo a CIG, “foi tal o número de pacientes desprazados a Lugo que as ambulancias destinadas a traslados urxentes, deseñadas para un máximo de dous pacientes, deixaron de ser útiles, dando paso á utilización de ambulancias destinadas ao transporte de pacientes que acoden a rehabilitación ou a diálise, as coñecidas como de transporte colectivo”. Denucian que mesmo grupos de 5 pacientes viaxaron nunha mesma ambulancia e ao cargo dunha soa enfermeira.

A CARENCIA DE MÉDICOS ELEVA O ESTADO DO HOSPITAL DA MARIÑA A ALERTA VERMELLA

O 15 de xaneiro pasado dende CIG-Saúde A Mariña alertaba da mala situación do Hospital sendo a mesma a día de hoxe sen que “cargos políticos, fagan nada para reverter a situación”. Denuncian a falta de dotación mínima de Facultativos especialistas en Psiquiatría, Radioloxía, Neuroloxía, Cardioloxía, Uroloxía, Dixestivo ou Medicina Interna e que estas carencias foron o detonante da derivación masiva de pacientes da Mariña para ingresar ou diagnosticar no HULA.

O sindicato tamén denuncia a avaría no TAC o pasado sábado, quedando inoperante toda a fin de semana e até última hora do luns, “xa que o servizo de mantemento destes aparellos foi privatizado e da empresa privada, non se personaron para reparalo ato o luns as 15 horas”. Esta avaría produciu “casos de pacientes que permaneceron en urxencias ata 24 horas para ser diagnosticados e ingresados”.

Desde a central sindical denuncian como responsables da situación á Dirección do Hospital da Mariña, ao Xerente da Área Sanitaria e ao propio Conselleiro. Ante a que consideran previsible resposta da Consellería: “se a CIG sabe onde hai médicos que nolo digan”, desde o sindicato apunta que son estes cargos os responsables de dotar de persoal a un centro hospitalario. Aínda así, sinalan que teñen “demostrado que non están capacitados para garantir unha sanidade de calidade e proximidade” e reclaman a súa dimisión.

Finalmente denuncian que o acontecido os pasados sábado e domingo é “froito das políticas sanitarias do PP polas que estamos con menos e peores servizos e derivacións e ingresos no HULA”. Isto tamén impide unha sanidade equitativa, digna e de proximidade na comarca.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...