InicioMovementos SociaisMáis de cinco anos esperando por unha cita en uroloxía, denuncia a...

Máis de cinco anos esperando por unha cita en uroloxía, denuncia a Plataforma Sanidade Pública

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma Sanitaria da Mariña denuncia a situación pola que está a pasar un paciente que leva agardando case cinco anos e medio por unha consulta de uroloxía. Este paciente padece de problemas de próstata e o servizo de uroloxía debe facer seguimento da evolución do seu problema , axustar tratamentos e solicitar probas complementarias periódicamente se o precisara, establecéndose por parte de uroloxía a prescrición anual de revisións. Máis a última vez que tuvo unha revisión por parte deste servizo foi en outubro de 2019. En decembro de 2022, cando xa levaba un atraso de máis de dous anos nos controis periódicos pautados , a súa filla contacta coa plataforma sanitaria , que lle redacta e rexistra unha reclamación que non foi atendida pola dirección do hospital , permitindo que unha persoa teña que sufrir as consecuencias que poidera haber na evolución do seu problema de saúde pola negativa a atendelo, facendo caso omiso ás prescripcións facultativas.

Á vista de que non foi atendida nin resolta a reclamación a familia do paciente contacta de novo coa plataforma sanitaria, nun intento de facer reflexionar á administración para que tente corrixir esta aberración e sexa de inmediato citado .É por iso que se presenta novamente reclamación o día 28 de febreiro de 2025, con rexistro de entrada número 0405 solicitando a inmediata citación desta persoa na consulta de uroloxía. Máis , segundo indica Montse Porteiro , coordinadora do colectivo , “ dez días despois a dirección do centro e a xerencia non tiveron a decencia de corrixir a situación como sería de agardar polo agravio que está a sufrir pero é que tampouco se dignaron a ofrecer unha desculpa e un propósito de subsanación; é simplemente intolerable.”

Esta persoa, a maiores ten antecedentes familiares de cancro de próstata , o cal agrava esta deixadez da dirección hospitalaria e da xerencia podendo chegar a situarse, a xuizo deste colectivo, nos límites da temeridade. É por iso que desde esta plataforma esiximos a subsanación desta situación de inmediato, facilitándolle a cita que precisa, facéndose cargo de todas as posibles complicacións derivadas da súa neglixencia e que se deixen dunha vez por todas de “ malgastar os cartos da sanidade pública en reportaxes de autobombo nos que aínda por riba se esquecen de explicar a mariñás e mariñaos o que realmente fixeron durante a pandemia”, matizan desde o colectivo.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...