O 8 de Marzo, día Internacional da Muller Traballadora, un ano máis, o Observatorio da Mariña pola igualdade convoca á Mariña Lucense para recoñecer a historia dos dereitos políticos, sociais e económicos das mulleres. Temos que seguir loitando por un mundo igualitario, libre de violencia e discriminación.
Facemos unha chamada á cidadanía para que se anime a participar e formar parte dun movemento que trata de sensibilizar á sociedade na necesidade de avanzar cara a igualdade e erradicar o patriarcado.
Dende o Observatorio da Mariña pola Igualdade convocamos unha manifestación feminista para o vindeiro sábado 8 de Marzo ás 18:00h en Ribadeo baixo o lema “Feminismo para transformar a vida das mulleres”.
