InicioMovementos SociaisNoelia Eijo: "Os obradoiros da Fundación son terapéuticos e produtivos"

Noelia Eijo: “Os obradoiros da Fundación son terapéuticos e produtivos”

A Fundación Eu Son acolle corenta e nove persoas con diferentes diversidades. Hai pouco o seu espazo ampliouse coa adquisición dun novo terreo grazas a unha subvención RPF. Actualmente o padroaado da Fundación está formado por representantes das familais e do Concello de Burela. Así nolo explica Noelia Eijo, directora do centro.

Publicada o

- Advertisement -

-En que momento nace a Fundación Eu Son e cales son os motivos do seu nacemento?

A data de constitución é do 20 de xuño de 1997. Había pouco que Burela se constituíra como concello e xusto naquel momento había unha asociación de pais que levaban xa tempo intentando crear un centro para persoas con discapacidade intelectual. Cando se constituíu definitivamente o Concello de Burela, a asociación de pais contactou con el para levar adiante o proxecto. A figura xurídica que aconsellaron para levar adiante o centro era crear unha fundación. A Fundación está rexida por un padroado formado por representantes do Concello e da Asociación de Pais. En setembro de 1998 foi cando se creou o centro ocupacional para persoas con discapacidade.

-Quen son as persoas que forman o Padroado e cantos usuarios están en Eu Son?

En total hai seis persoas, catro representantes do Concello e dúas persoas representan a Asociación de Pais. Actualmente temos dous centros, un é ocupacional e outro é centro de día. O centro ocupacional ofrece unha serie de obradoiros que foron ideados para unha formación laboral, dentro deles están as persoas con máis autonomía que en total son corenta con todas as prazas ocupadas e agora mesmo hai lista de espera. Nestes momentos temos tres obradoiros: un de cerámica, serigrafía e horticultura.

-Co obradoiro de horticultura houbo unha ampliación de terreos.

O proxecto comezou sendo como unha horta que realmente era un terreo propiedade dunha veciña de Burela. Contactáramos con ela porque buscabamos realizar actividades estacionais ao aire libre e así foi como lle explicamos o noso proxecto. Pasou o tempo e levantamos o invernadoiro pois pensamos que era unha actividade moi beneficiosa para os usuarios e todo grazas á doazón desinteresada da persoa propietaria. Debo remarcar que o invernadoiro non era un obradoiro senón unha actividade complementaria. Logo, coa pandemia vimos que era necesaria a transformación desa actividade nun obradoiro, por espazo e polo benestar das usuarias fronte ao peche das persoas durante ese período, ao final, hai uns meses a Fundación mercou eses terreos. Hai que recordar que somos unha entidade sen ánimo de lucro. Todo canto se fai acaba reinvestíndose na caldiade de vida dos usuarios e das familias. Por outra parte, solicitamos unha subvención RPF en 2024 para acondicionar un terreo e colocar casetas para resgardo das persoas. Están equipadas con mobiliario e material para que poidan traballar dentro delas cando as condicións climáticas non permiten estar fóra. Isto fíxose coa compra do terreo veciño pensando en ter máis espazo para todos os usarios cando haxa bo tempo.

-Os obradoiros que levan adiante teñen unha finalidade concreta?

No caso do invernadoiro é un traballo máis terapéutico que produtivo, o de cerámica é produtivo aínda que nun comezo foi máis de aprendizaxe. O de serigrafía tamén está pensado como terapéutico.

-Coas persoas usuarias faise un traballo de orientación laboral ou falamos dun espazo ocupacional?

Un dos cambios que houbo durante a pandemia foi traballarmos con grupos reducidos e estables fronte ao sistema de rotación de obradoiros que tiñamos antes. Aí foi cando descubrimos que era mellor para os usuarios permanecer nun espazo estable. A nivel de formación é moito mellor e un exemplo son uns rapaces que traballan de maneira autónoma no obradoiro de cerámica. Con todo, a inserción laboral non é moi doada en lugares pequenos aínda que si temos algún caso, como foi o caso dun mozo que traballa na ITV.

ÚLTIMAS