InicioMovementos SociaisO BNG levou ao pleno provincial a falta de persoal nos centros...

O BNG levou ao pleno provincial a falta de persoal nos centros de saúde de Riotorto e Ourol

O deputado Daniel García lembrou que o Sergas non está cubrindo ningunha das prazas de facultativo nestes concellos -dúas en Riotorto e unha Ourol- e pediu ao Partido Popular que aclare cales son os plans da Xunta de Galicia

Publicada o

- Advertisement -

O BNG trasladou ao pleno provincial a falta de persoal médico nos centros de saúde de Riotorto e de Ourol, dando apoio político e institucional á mobilización da veciñanza destes concellos para pedir a cobertura das prazas de medicina familiar vacantes. O deputado Daniel García lembrou que o Sergas non está cubrindo ningunha das prazas de facultativo nestes concellos -dúas en Riotorto e unha Ourol- e pediu ao Partido Popular que aclare cales son os plans da Xunta de Galicia.

“¿Que poden esperar as veciñas e veciños da súa xestión?, preguntou o deputado nacionalista, despois de escoitar como, antes de votar a favor da moción do BNG, o deputado popular e alcalde de Riotorto Clemente Iglesias xustificou e normalizou a falta de persoal médico no centro de saúde e fixo de menos a preocupación e a mobilización polo futuro da atención primaria no seu municipio.

Desde o Concello deberían liderar a esixencia de persoal no centro de saúde e poñerse do lado das veciñas e veciños que teñen dereito a unha atención estable e continuada “, seguiu o deputado mariñao, que criticou que o alcalde de Riotorto “dedicou máis tempo a pedir que o BNG de Riotorto o inclúa nas fotos das notas de prensa que a reclamar á Xunta de Galicia unha solución para o centro de saúde.”.

ÚLTIMAS

ACISA presentou en Fitur ‘Ribadeo, o teu próximo destino’

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, desprazado a Madrid contou que “demos a coñecer...

O BNG acusa ao PP de votar en contra do reforzo a alumnos con necesidades no CEIP de Covas, en Viveiro

O deputado do Bloque Nacionalista Galego, Daniel Castro, presentou no Parlamento de Galicia unha...

Restablecida a circulación da FEVE Ribadeo-Ferrol tras caer unha árbore na liña

O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) informou de que a circulación da liña de...

Barreiros preséntase en Fitur como espazo de natureza e turismo activo

O concelleiro de Dinamización, Dani García, acudiu á Feira Internacional de Turismo (FITUR) que...