InicioMovementos SociaisAdeus X, este medio deixa a plataforma de Elon Musk pola súa...

Adeus X, este medio deixa a plataforma de Elon Musk pola súa desinformación

Publicada o

A Mariña Xornal- da Mariña, como xa fixeron outros medios como Galicia Confidencia, The Guardian ou La Vanguardia, deixa a rede X, antes Twitter pola deriva autoritaria detectada nesta plataforma tras a chegada de Elon Musk. Polo tanto,  este medio deixará de publicar tuits de forma directa na rede social X e deixará en suspenso as súas contas. Desde a chegada do magnate Elon Musk, esta rede é un altofalante das teorías da conspiración, de noticias falsas e unha plataforma claramente virada a posicións populistas, racistas e vinculadas á ultradereita. A decisión coincide co anuncio de Donald Trump de nomear a Elon Musk como asesor para un Departamento de Eficiencia do Goberno (DOGE), co obxectivo de facer recortes na administración estadounidense, é incompatible con que dirixa unha rede social da magnitude de X. Ese nomeamento político situa a Musk ao carón dos que defenden deportacións masivas e despidos de funcionarios que non son afins as teorías conspiranoicas do futuro presidente. A adquisición de X en outubro do 2022 supuxo xa o despedimento masivo de traballadores que incluíu a supresión do departamento que moderaba os contidos. Os grandes anunciantes que tiña a plataforma abandonárona hai xa tempo. En maio do 2023, X abandonou un programa coa UE para a loita contra a desinformación. De feito, desde entón, multiplicouse a presenza de bots que axudan a propagar a desinformación, tal como aconteceu durante a recente traxedia de Valencia OUTROS MEDIOS TAMÉN ABANDONAN ESTA REDE A decisión do Xornal da Mariña-A Mariña Xornal ou Galicia Confidencial, que xa viña sopesando esta decisión desde hai algún tempo, coincide coa que xa ixo pública o diario inglés The Guardian e La Vanguardia entre outros medios. Ambos os dous medios de comunicación consideran que permanecer nesta plataforma ten máis efectos negativos que positivos, a pesar dos milleiros, millóns de seguidores que teñen nelas. Previamente xa anunciaran a súa marcha a National Public Radio (NPR), unha organización de medios de comunicación estadounidense sen ánimo de lucro, e a prestixiosa televisión pública de Estados Unidos PBS, que abandonaron X despois de que a rede social as etiquetou como “medios de comunicación afiliado ao Estado”. En datas recentes tamén abandonaron a súa presenza en X o Festival de Cinema de Berlín, e outras institucións como o corpo de policía do norte de Gales, que sinalou que estar nesta rede social non era coherente cos seus valores éticos, e o hospital ortopédico Royal National, que argumentou un “aumento do volume de discursos de odio e comentarios abusivos” para deixar esta plataforma. MÁIS REACCIÓNS Ademais de medios de comunicación, recoñecidos articulistas e persoas vinculadas ao mundo das artes decidiron tamén abandonar esta rede social. Polo momento, dirixentes políticos e partidos da esquerda, nacionalistas ou independentistas non manifestaron a súa decisión de deixar unha rede dominada por un magnate ultra e populista.

ÚLTIMAS

Traballadores da recollida de lixo en Viveiro non descartan ir á folga por ver “insultante” a proposta de FCC

  O servizo de recollida de lixo en Viveiro atópase nun momento de tensión. As...

O PP de Foz denuncia o colapso da desembocadura do Ouro na Pampillosa

O Partido Popular de Foz denuncia a situación “moi grave” que presenta na actualidade...

Barreiros acolle o exame COMDIX de competencias dixitais de nivel intermedio

A aula CeMIT de Barreiros acollerá o exame presencial para a obtención da certificación...

Convocada a Xunta Local de Seguridade en Viveiro para coordinar os dispositivos da Carreira CAMOVI e a Semana Santa

O Concello de Viveiro foi escenario esta mañá dunha xuntanza extraordinaria da Xunta Local...