InicioMovementos SociaisV Edición do Camiño Gastronómico do Mar da Asociación Amigos do Camiño...

V Edición do Camiño Gastronómico do Mar da Asociación Amigos do Camiño do Mar

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación Amigos do Camiño do Mar Peregrinación a Santiago de Compostela e a Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela, puxo en marcha a V edición do Camiño Gastronómico do Mar, un proxecto que serve para para dar complimiento a varios obxectivos: coñecemento do territorio, hábitos saudables, posta en valor dos produtos da pesca, gastronomía e a promoción e divulgación do Camiño do Mar, antigo roteiro xacobeo que comunica por terra o Camiño Norte, en Ribadeo co Camiño Inglés, en Neda, ata chegar a Compostela.

Nesta edición os participantes no Camiño Gastronómico do Mar, ademais de saborear receitas de “Peixe de Burela”, realizaron tramos de etapas e así ir coñecendo o antigo roteiro xacobeo e a súa relación co pasado das peregrinacións.

Este próximo domingo, coa cuarta etapa, daremos por concluído o percorrido polos concellos da Mariña Lucense, a partir do seguinte domingo empezamos no Ortegal. Lembrar que a V edición do Camiño Gastronómico do Mar desenvólvese en sete fins de semana pasando polos concellos polos que pasa o antigo roteiro xacobeo, hoxe denominada, “Camiño do Mar”, visitando cada domingo dous deles, e tres na última etapa. En total faranse sete etapas de aproximadamente 15 km de media, cada tramo.

Catro realizáronse pola comarca da Mariña Lucense, atravesando os concellos de: (Ribadeo, Barreiros), (Foz, Burela), (Cervo, Xove)), (Viveiro e O Vicedo). E outras tres etapas discorren polos concellos de: (Mañon, Ortigueira), (Cariño, Cedeira), (Valdoviño, Narón e Neda).

O domingo, 3/11/23, desenvolverase polos concellos de Viveiro e O Vicedo. Farase un tramo dun 15 km. aprox. Empezando na capela de Santa Ana, en Celeiro e acabando na igrexa de San Pablo, no Vicedo. Levando aos peregrinos polas pisadas do antigo camiño de peregrinación, o camiño francés, hoxe oficializado pola Catedral de Santiago de Compostela, como un Camiño de Santiago máis de Galicia, bautizado no seu día como Camiño do Mar.

A estas etapas están convidados os alcaldes dos concellos polos que discorre a etapa, para que poidan saudar ao grupo de peregrinos, poder selar as credenciais realizadas para este proxecto, co selo do seu concello e mesmo a camiñar. Ata o de agora, só se animou a alcaldesa de Burela.

Ao finalizar a etapa, realízase unha degustación de dúas receitas de peixe para todos os participantes, neste caso levará a cabo na casa do Forno en Celeiro.

A preparación da degustación dos produtos da lonxa de Burela é levada a cabo polos chefs da Asociación Cociñeiros Lugo, con colaboración de Estrela de Galicia e Cabreiroá.

Ademais da satisfacción de pisar camiños milenarios e saborear a gastronomía do mar, e escoitar datos históricos vinculados á antiga peregrinación, os participantes no Camiño Gastronómico do Mar tamén poderán selar en cada concello o seu particular “Compostela” e optarán a un premio final, xa que entre todos eles sortearanse unha cea para dúas persoas nun dos restaurantes que a Asociación Cociñeiros Lugo ten na Mariña.

Esta campaña conta coa colaboración dos concellos polos que discorre o roteiro e de Armadores de Burela, e enmárcase dentro das accións de promoción da OPP-7 incluídas no seu Plan de Produción e Comercialización anual, e contan co cofinanciamento da Xunta de Galicia e o Fondo Europeo e Marítimo de Pesca.

ÚLTIMAS

O presidente da República de Cabo Verde recibe á alcaldesa de Burela no pazo presidencial

O Presidente da República de Cabo Verde, José María Neves, vén de recibir á...

Héitor Picallo: “As Crónicas Compostelanas deron a imaxe negativa de dona Urraca que chegou até hoxe”

-A súa conferencia en Ribadeo vai tratar sobre a figura das raíñas galegas. Nesta...

Finalizan en Ribadeo as Xornadas Profesionais de Corresponsabilidade

Coa presentación este mediodía do Decálogo Local pola Corresponsablidade remataron en Ribadeo as Xornadas...

Nenos e nenas das Escolas Deportivas de Barreiros saíron ao campo acompañando a xogadores do CD Lugo

As nenas e nenos das Escolas Deportivas Municipais de Barreiros foron protagonistas este sábado...