InicioMovementos SociaisAlumnado italiano realiza prácticas en empresas de Ribadeo da man de APAGA

Alumnado italiano realiza prácticas en empresas de Ribadeo da man de APAGA

Publicada o

- Advertisement -

Quince alumnos italianos realizan prácticas en empresas de Ribadeo da man de Apaga. A estadía enmárcase dentro do programa Erasmus +, que está a desenvolver a asociación.

Son rapaces chegados dun centro de ensino de Italia,de Maranello, que está pegado á fábrica de Ferrari. Aquí reciben formación en empresas de Ribadeo durante 15 días. E despois, no mes de xullo, chegará outro grupo de italianos outros 15 días. O presidente de Apaga, Álvaro Doural, agradece a implicación das empresas locais: “quero resaltar o noso agradecemento ás empresas de Ribadeo que colaboran nesta iniciativa polo esforzo que supón para elas na maioría dos casos ter dous alumnos para poder telos a todos na zona de Ribadeo”.

Tamén agora en xuño o día 10 seis alumnos turcos virán, tamén con Apaga, neste caso a unha estadía formativa na empresa Industrial Recense, da Pontenova. Para Doural “esta que verdadeiramente ten unha visión do que é a formación e das iniciativas de apoio a entidades como a Apaga ou aos centros educativos. Xa xogou un papel moi importante na implantación do ciclo de soldadura que está a funcionar na Pontenova”.

ÚLTIMAS

Fóra de perigo o mariñeiro que sufriu hipotermia tras caer no porto de Celeiro

Un mariñeiro que caeu ao mar á altura da lonxa de Celeiro, no municipio lucense...

Ramiro Fernández: “Burela é un punto privilexiado para a observación ornitolóxica”

+ -Por que Burela decidiu apostar por novas vías turísticas na vila como, por exemplo,...

Trabada inicia as obras do circuíto pump track no seu complexo deportivo

O Concello de Trabada vén de iniciar esta semana as obras de construción dun...

O Concello de Foz anuncia aglomerado no vial das Torres esta semana

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, explica que o novo vial das Torres vaise...