InicioMovementos SociaisA Mancomunidade entrega tablets para a súa plataforma de xestión de datos

A Mancomunidade entrega tablets para a súa plataforma de xestión de datos

Publicada o

- Advertisement -

Durante esta semana a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense está entregando un primeiro grupo de tablets nas oficinas municipais de turismo da Mariña, para facilitar o uso da plataforma Infotourist Net, que permite coordinar e mellorar a xestión de datos estatísticos e da información turística do destino.

A presidenta da Mancomunidade de Concellos da Mariña, Rocío López, explicou que “a implementación do programa Infotourist comezou a finais do ano pasado tras ser contrastadas as posibilidades de uso entre o equipo técnico da Mancomunidade e as diferentes oficinas de turismo municipais, dando así cumprimento a unha das accións recollidas no marco do Plan de Sostibilidade Turística na Mariña para favorecer unha xestión máis integrada dos datos estatísticos e da información das oficinas de turismo do territorio”.

Durante os días previos á Semana Santa, a Mancomunidade de Concellos da Mariña estivo realizando a entrega ás oficinas de turismo de Ribadeo, Lourenzá, Burela, Alfoz, A Pontenova e O Vicedo, tablets que favorecerán a recollida de información na plataforma de Infotourist Net por parte destes organismos que manteñen un contacto tan directo e estreito cos visitantes.Nos próximos meses agardan sumar ao resto de oficinas de turismo municipais do territorio.

López dixo que “esta ferramenta, utilizada por destinos pioneiros en España coma as redes de oficinas de Cataluña, Valencia ou Cantabria posibilita recoller información estandarizada dos nosos visitantes e compartir toda a información para aportar un servizo de calidade sobre as posibilidade que ofrece a Mariña en conxunto e os concellos que a integran”.

A xerente do Plan de Sostibilidade Turística, Tania Hermida, indicou que “Infotourist Net é unha solución integral para as oficinas de turismo,que permite unha xestión centralizada e en tempo real da información turística, a personalización da atención ao cliente, e unha mellor promoción e comercialización do destino. As oficinas poden rexistrar e xestionar de maneira eficiente os datos dos visitantes, como a súa orixe, preferencias e perfil turístico, o que permite unha mellor comprensión do mercado e a adaptación da oferta turística ás necesidades do cliente. Ofrece ademais opcións personalizadas, como aportar información dixital aos visitantes -folletos, eventos, etc. dos concellos que participen na Mariña-, realizar enquisas e outras opcións personalizadas segundo as necesidades de cada entidade”.

A achega de dispositivos electrónicos portátiles permitirá mellorar o uso dunha plataforma que facilita o traballo colaborativo que xa se está a desenvolver entre a maioría das oficinas de turismo da Mariña que apoian coa súa participación activa, esta iniciativa.

Hermida contou que “os datos que con esta ferramenta se recollan, ao igual que no caso dos Estudos de Capacidade de Carga en once lugares de especial fraxilidade que se puxeron en marcha fai uns meses, está contemplado que axuden a alimentar o Observatorio de Turismo Sostible previsto executar no marco do Plan de Sostibilidade Turística na Mariña. Outra actuación que está previsto empezar a abordar durante este 2024 no contexto do PST, tamén co obxectivo de mellorar a imaxe conxunta que se traslada do destino a través destes relevantes puntos de recepción dos visitantes, é a de pequenas intervencións que transmitan a nova e homoxénea imaxe turística e de territorio da Mariña”.

O Plan de Sostibilidade Turística na Mariña está cofinanciado pola Mancomunidade de Concellos da Mariña, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.

ÚLTIMAS

Morre tras chocar contra un poste e outro coche en Viveiro

Unha persoa faleceu na noite deste pasado xoves na localidade lucense de Viveiro tras chocar...

Obras de mellora e construción dunha nova canalización de augas en Ribadeo

O Concello de Ribadeo mellora a rúa Manuela Barreiro e constrúe unha nova canalización...

Burela acolle o XIV Encontro de Palilleiras o vindeiro 18 de maio

O Concello de Burela acollerá o vindeiro 18 de maio o seu XIV Encontro...

35 aniversario de ACISA Ribadeo, sempre medrando xuntos

José Pérez, xerente de ACISA Ribadeo Acisa Ribadeo cumpre 35 anos traballando co mesmo obxectivo,...