InicioM.ambiente e PatrimonioA nova edición de 'A Mariña en Ruta' recibe unha boa acollida...

A nova edición de ‘A Mariña en Ruta’ recibe unha boa acollida e continuará por terras de Alfoz e Burela

Os asistentes á primeira das rutas, que tivo lugar o 8 de outubro por terras de A Pontenova, tiveron a oportunidade de visitar os  Fornos de Vilaodriz e o nivel cero da Mina Consuelo.

Publicada o

- Advertisement -

Boa acollida da nova edición de A Mariña en Ruta, que daba comezo o pasado 8 de outubro. A actividade está organizada pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo.

Desde a Mancomunidade explican que “nas tres rutas que xa tiveron lugar completáronse as prazas existentes, con xente en lista de agarda nas dúas primeiras”. E engaden que “para as dúas próximas rutas de outubro aínda quedan prazas, polo que animamos á xente a aproveitar esta oportunidade”. O día 22 será Bateando ouro en Alfoz, con Fran Canosa, e o 29 Burela: de asentamento castrexo a vila medieval, con Lidia de la Fuente.

Os asistentes á primeira das rutas, que tivo lugar o 8 de outubro por terras de A Pontenova, tiveron a oportunidade de visitar os  Fornos de Vilaodriz e o nivel cero da Mina Consuelo. Fixérono da man de Tirolina das Minas,  expertos na realización de actividades na natureza dando a coñecer o pasado mineiro da Pontenova.

As pegadas do pasado na costa de Xove foi a ruta realizada o pasado día 12 con Boris Vilar. Os participantes descubriron os segredos mellor gardados deste municipio mariñán. Ao longo do camiño coñeceron os valores naturais e culturais ou históricos integrados nesta paisaxe costeira desde o que se contemplan os Cantís de Papel, Illa Ansarón, Punta Merixe ao leste e as Rías de Viveiro e O Barqueiro con Estaca de Bares polo oeste.

O pasado sábado A Mariña en Ruta fixo escala no Vicedo, porto das xentes do Norte, tamén da man de Boris Vilar. A praia de Area Grande, o xacemento de Os Moutillos, os Miradoiros de Tixoso e das Laxes, desde o que se contempla a Illa Coelleira, foron algúns dos lugares visitados polos participantes, que se achegaron á tradición oral nesa zona vicedense e aos valores naturais da contorna coma o Fuciño do Porco ou o río Sor.  

“As impresións dos participantes nestas tres primeiras rutas foron moi positivas”, apuntan desde a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense.

ÚLTIMAS

A Xunta autoriza a planta de residuos non perigosos de Ribadeo aínda que recoñece “aumento de pó e ruido”

A Xunta formulou o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación do centro...

A Mariña sentirá a potencia dos motores co seu VIII Rally que se celebrará esta fin de semana

Esta tarde presentouse en Viveiro a oitava edición do Rally da Mariña Lucense, que...

Fundación Expomar presenta o novo formato das súas xornadas técnicas

A Fundación Expomar, co cofinanciamento da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e...

O PP de Foz vota en contra da creación dun PAC en Foz: “o modelo actual funciona”

O Partido Popular de Foz no p en contra da proposta presentada pola esquerda...