InicioM.ambiente e PatrimonioAs Catedrais, elixida entre a elite das praias europeas

As Catedrais, elixida entre a elite das praias europeas

O areal ribadense de Augas Santas quedou en décimo primeiro lugar nunha votación na que participaron 1.200 especialistas en turismo

Publicada o

- Advertisement -

O areal das Catedrais, tamén coñecido como Augas Santas, foi elixida entre as 50 mellores praias de Europa pola web especializada Flight Network.

A monumento natural ubicado no municipio de Ribadeo quedou en décimo primeiro lugar nunha enquisa na que participaron máis de 1.200 xornalistas e especialistas en turismo.

Os especialistas puntuaron tres cuestións. En primeiro lugar, a beleza pura sen intervención humana, aspecto no que As Catedrais levou nove de dez puntos.

No tocante á ubicación -lonxanía-, o areal ribadense quitou a máxima puntuación, 10/10. A calidade da area e a auga penalizou un tanto á praia mariñá, que foi valorada con oito puntos neste apartado.

A web inclúe un post sobre a praia, cunha explicación do monumento natural e datos do número de días de sol ao ano de media -175- e o promedio de temperatura, de 20 grados.

RODAS, NAS CÍES, VIXÉSIMO NOVENA

A número un da listaxe é para praia de Shipwreck, na illa grega de Zakynthos; o segundo posto ocúpao Reynisfjara, coñecida como a praia negra de Islandia, e o terceiro lugar é para Formentor, en Mallorca.

A praia de Rodas, nas illas Cíes, levou oito puntos en cada un dos apartados e quedou en vixésimo noveno lugar.

Podes ler a nova completa en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Raquel Blas: “A Queimada de Cervo naceu nunha formigoneira”

-Como naceu esta queimada popular, cales foron os motivos que tiveron as persoas a...

A Feira de Gando do San Bartolo volve a Penas Agudas o luns 24 de agosto

Como cada ano, e mantendo viva unha tradición que se remonta a tempos ancestrais,...

A Garda Civil comisa 28 quilos de polbo sen trazabilidade na Mariña

A Garda Civil, en colaboración con persoal inspector do Servizo de Gardacostas de Galicia,...

O PP de Foz denuncia o abandono da praza Pardo de Cela por parte do goberno de Cajoto

O voceiro do Grupo Municipal do PP de Foz, Javier Castiñeira, denuncia o “lamentable...