InicioM.ambiente e PatrimonioA Plataforma de afectados pola hidroeléctrida do Xistral agradece a asistencia aos...

A Plataforma de afectados pola hidroeléctrida do Xistral agradece a asistencia aos actos do domingo 13 de marzo

A plataforma indica nun comunicado que "temos moi claro que este proxecto non responde á necesidade do noso territorio e non respeta a nosa biodiversidade".

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma de veciños afectados pola macro central hidroeléctrica do Xistral agradeceu nun comunicado a asistencia dos veciños e veciñas “á manifestación que tivo lugar o pasado domingo día 13”. A Plataforma di estar orgullosa “da resposta da xente ao chamamento que fixemos por unha causa máis que xustificada: o noso rexeitamento a un proxecto que claramente quere acabar con noso entorno e forma de vida”.

Agradecen tamén a todas aquelas persoas que acudiron desde concellos veciños como Foz, Viveiro, Ourol, Burela, etc. e mesmo tamén doutras comunidades (Cataluña, Madrid, …) “para mostrarnos o seu apoio e o seu rexeitamento a este atentado a modo de desfeita dun espazo natural e dun valor incalculable”. Segundo a organización ambientalista, todas as persoas vidas de fóra da zona “entenden como non se valora o que nós temos aquí: calidade de vida, un entorno privilexiado e un modo de vida que moitos envexan”.

Tamén lembran que a empresa promotora deste anteproxecto “manifestou publicamente hai uns días que se había oposición da xente ao mesmo, eles estaban dispostos a non seguir adiante co seu proxecto“. Consideran máis que demostrada a oposición ao proxecto despois da convocatoria do dominto e de presentar ante o Ministerio “4.430 firmas e 160 alegacións e este domingo pasado volvemos a mostrarlles unha vez máis a nosa repulsa rotunda ante este proxecto”.

Finalizan o seu comunicado indicando que “temos moi claro que este proxecto non responde á necesidade do noso territorio e non respeta a nosa biodiversidade”. Engaden que se se busca a mellora da contorna “temos moitos recursos e potencialidade para facelo pero que dende hai moitos anos non hai vontade política para facelo”.

ÚLTIMAS

Héitor Picallo: “As Crónicas Compostelanas deron a imaxe negativa de dona Urraca que chegou até hoxe”

-A súa conferencia en Ribadeo vai tratar sobre a figura das raíñas galegas. Nesta...

Merluza D& Burela, única frota de altura certificada “pescaenverde”

A frota de palangre demersal da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela...

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

A X Foliada Nordestía animará San Cibrao o 28 de marzo

San Cibrao acollerá o sábado 28 de marzo a X Foliada Nordestía, unha edición...