InicioM.ambiente e PatrimonioO Principado retoma o saneamento da ría de Ribadeo

O Principado retoma o saneamento da ría de Ribadeo

O proxecto estivo parado pola entrada en concurso de acreedores da empresa adxudicataria

Publicada o

- Advertisement -

O Principado de Asturias retomará mañá luns os traballos da segunda fase do saneamento da ría de Ribadeo, que estiveron parados temporalmente pola situación da empresa adxudicataria, Construcciones y Promociones, S. A. (Coprosa), que entrou en concurso voluntario de acreedores.

Segundo informou o Goberno asturiano, a actuación está executada ao 96%. A intervención máis destacada das obras pendentes é a colocación de 1.400 metros de tubería por onde pasarán as verteduras de Vegadeo á depuradora do río Eo, que xa funciona desde 2017.

AS AUGAS RESIDUAIS DE VEGADEO INCORPORARANSE Á NOVA EDAR EN AGOSTO, SEGUNDO A PREVISIÓN

A previsión é que o material de refugallo procedente do concello vegadense incorporarase á Estación Depuradora de Aguas Residuales (EDAR) no vindeiro mes de agosto, sen que iso signifique deixar sen servizo a instalación provisional que está situada na zona do porto.

A obra realizouse en tres fases. Primeiro construíuse a planta, a continuación o sistema de saneamento de Castropol, e despois Figueras e Vegadeo. As augas de refugallo das dúas localidades do concello castropolense trátanse na EDAR principal, mentres que as do municipio vegadense son tratadas na depuradora provisional.

INVESTIMENTO DE 12 MILLÓNS

Coa finalización desta obra, que supón unha inversión de 3.554.603 euros, o investimento total rondará os doce millóns de euros. A fase executada no 2017 tivo un importe de 4.735.159 euros e a depuradora do Eo supuxo un gasto de 4.886.414. Os seguintes pasos, previstos para o ano 2018, son dotar de saneamento ás zonas de Tol e Barres.

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...