InicioO Eo une a Asturias e Galicia para a súa conservación

O Eo une a Asturias e Galicia para a súa conservación

A actuación de ambos gobernos centrarase en actuar sobre os factores de ameaza, como especies invasoras ou problemas fitosanitario

Publicada o

A directora xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia, Belén do Campo, e o director xeral de Medio Natural e Planificación Rural do Goberno do Principado de Asturias, David Villar, mantiveron esta mañá unha reunión de traballo na Casa do Concello de Vegadeo -na que tamén participou o alcalde, César Álvarez- para avanzar no proxecto conxunto de recuperación do río Eo. Trátase dun proxecto coordinado por ambas comunidades autónomas e que se enmarca dentro das actuacións de restauración de ecosistemas e infraestrutura verde, ás que se destinan fondos europeos de recuperación Next Generation. CORREDORES FLUVIAIS DA REDE NATURA 2000 O obxectivo é mellorar o estado de conservación dos corredores fluviais atlánticos da Rede Natura 2000. O proxecto, baseado nas boas prácticas extraídas do programa LIFE Fluvial, inclúe a xestión sostible dos hábitats en varias subcuncas fluviais atlánticas deste humidal que forma parte da lista Ramsar A actuación dos gobernos de Galicia e Asturias centrarase en actuar sobre os factores de ameaza, como especies invasoras, intensificación de usos ou problemas fitosanitario, que provocan o deterioro e fragmentación dos hábitats dos corredores fluviais.

ÚLTIMAS

Recorren o arquivo do caso da Maruxaina

A asociación Mulleres en Igualdade, Bumei, recorreu a decisión do Tribunal de Instancia de...

A Asociación de Comerciantes da Pontenova intégrase na FCAM

A Asociación de Comerciantes da Pontenova acaba de integrarse na FCAM. Desde a Federación...

‘A Mariña, Unha Viaxe Á Identidade’, proposta da Mancomunidade para Fitur 2026

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense presentará este xoves, 22 de xaneiro, en...

A Plataforma Sanitaria da Mariña presenta a manifestación para o 1 de febreiro en Santiago

O centro de saúde de Barreiros foi o escenario elexido pola Plataforma Sanitaria da...