InicioM.ambiente e PatrimonioAs audioguías ficcionadas tamén chegan a Alfoz e Lourenzá

As audioguías ficcionadas tamén chegan a Alfoz e Lourenzá

Esta fin de semana haberá varios paseos ficcionados.

Publicada o

- Advertisement -

A Mancomunidade de Concellos da Mariña estreará o vindeiro 19 de xuño as novas audioguías ficcionadas de Alfoz e Lourenzá, que se suman ás xa existentes de Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro.

Ademais, durante ese fin de semana terán lugar varios paseos ficcionados que contarán coa presenza dos actores de Chévere, o grupo de teatro que deseñou e elaborou este proxecto para a Mancomunidade e no que colaboran a Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia e os concellos que son escenario das audioguías.

Con motivo da presentación das novas audioguías ficcionadas para Lourenzá e Alfoz, estes dous concellos xunto aos de Mondoñedo e Ribadeo poñen en marcha a iniciativa Chévere, que acompaña coas audioguías ficcionadas da Mariña Lucense, acción coa que se pretende pór en valor e dar a coñecer este orixinal proxecto entre os visitantes e veciños da comarca.

A duración dos paseos será duns 45 minutos, aos que hai que sumar a introdución e o posterior coloquio. Facilitaranse auriculares. O aforamento será limitado e será obrigatorio o uso de máscara en todo momento, xel hidroalcohólico e distancia física de dous metros entre persoas non convivientes. Para información e reservas pódese consultar a través do correo turismo@amarinalucense.gal, o teléfono 654 089 894 e a web amarinalucense.gal.

ÚLTIMAS

Merluza D& Burela, única frota de altura certificada “pescaenverde”

A frota de palangre demersal da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela...

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

A X Foliada Nordestía animará San Cibrao o 28 de marzo

San Cibrao acollerá o sábado 28 de marzo a X Foliada Nordestía, unha edición...

O BNG denuncia que A Mariña non conta con Grupo de Emerxencias Supramunicipais

O pasado 24 de febreiro, o pleno da Deputación Provincial aprobou por unanimidade e...