InicioM.ambiente e PatrimonioAtopan unha quenlla peregrina apodrecendo nun vertedeiro en Navia

Atopan unha quenlla peregrina apodrecendo nun vertedeiro en Navia

O animal morreu varado nunha praia.

Publicada o

- Advertisement -

Unha quenlla peregrina no medio dun vertedoiro. Aí acabou este animal que varou hai uns días en Navia, segundo denuncia o coordinador de CEPESMA, Luís Laria, que advirtiu de que o corpo está xa en descomposición á beira duns colectores.

Laria denunciou que ninguén fixo nada e o exemplar terminou varando e morrendo. “Logo si que o recolleron para botalo á beira duns colectores de reciclaxe e parece que non é a primeira vez que fan iso”, critica. “O máis razoable sería abrilo e facerlle unha autopsia para coñecer as causas da morte”, engadiu sobre unha especie que está protexida.

O ecoloxista tamén apuntou que non é estraño atopar algunha quenlla peregrina pola zona, tanto na costa asturiana como na zona da Mariña, con avistamentos de 3,5 quenllas peregrinas ao ano. Ás veces están de tránsito e outras terminan atrapados nas artes de pesca.

ÚLTIMAS

Fran Cajoto: “O PXOM aprobouse despois de esperar seis anos polos permisos de Augas de Galicia”

-Por que se tardou tanto en aprobar o PXOM de Foz? Houbo un cambio de...

Adolfo Corral: ‘O SERGAS di que a asistencia sanitaria na Mariña está garantida, nós dicimos que non é certo’

-Ademais do persoal que traballa no centro hospitalario de Burela, ás concentracións acoden tamén...

Foz celebra a Festa do Berberecho o sábado 26 de abril

O próximo sábado, día 26 de abril chega de novo a Festa do Berberecho...

Xebra! celebrará a presentación do libro ‘Diário comboio’ de Raquel Miragaia

O centro social Xebra! acolle este venres 25 de abril a presentación de 'Diário...