InicioM.ambiente e PatrimonioBurela quere dar exemplo de conciencia ambiental

Burela quere dar exemplo de conciencia ambiental

Súmase á campaña "Un árbol por Europa" na que involucrará a colexios, institutos e mesmo ás escolas infantís con plantacións nas que participe a xente máis nova

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela tamén quere por o seu gran a mitigar os efectos do cambio climático. Por iso, uniuse á campaña Un árbol por Europa co obxectivo de concienciar á poboación sobre o cambio climático e para tentar minimizar o seu impacto.

“O Concello de Burela está concienciado de que temos que poñer o noso grao de area a nivel local, porque así poderase influír a nivel máis amplo”, destaca o rexedor Alfredo Llano nun comunicado. Ademais, lembra que xa se plantaron no concello froiteiras e frondosas. “Estamos mellorando moito os paseos e as rutas de sendeirismo. Estamos preparando todo aquilo que sexa motivador para apreciar o medio ambiente con creación de novas rutas e mellorar a vistosidade para que a xente transite pola natureza”, apuntou.

Segundo explicou, o obxectivo da campaña é concienciar “para que todo o mundo saiba por que temos que participar todos, porqué isto ten que ser unha responsabilidade compartida”. Deste xeito, involucrará a colexios, institutos e mesmo ás escolas infantís con plantacións nas que participe a xente máis nova “para que vaia aprendendo que é moi necesario compartir o medio ambiente coa vida social”.

“Así que estamos tratando desde o Concello de Burela poder axudar e colaborar en todo aquilo que sexa positivo para frear todo o que nos debe preocupar sobre o cambio climático. Outra das cousas que queremos favorecer é o aspecto da saúde que nos debe preocupar a todos”, concluíu.

ÚLTIMAS

Restablecida a circulación da FEVE Ribadeo-Ferrol tras caer unha árbore na liña

O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) informou de que a circulación da liña de...

Recorren o arquivo do caso da Maruxaina

A asociación Mulleres en Igualdade, Bumei, recorreu a decisión do Tribunal de Instancia de...

A Asociación de Comerciantes da Pontenova intégrase na FCAM

A Asociación de Comerciantes da Pontenova acaba de integrarse na FCAM. Desde a Federación...