InicioM.ambiente e PatrimonioAlcoa, a empresa máis contaminante de Galicia en 2020

Alcoa, a empresa máis contaminante de Galicia en 2020

A planta de San Cibrao emitiu un millón de toneladas de C02. O movemento ecoloxista denuncia a "falta de ambición" da Xunta á hora de reducir a contaminación.

Publicada o

Continúa a loita do movemento ecoloxista galego contra os principais puntos de emisión de gases contaminantes situados na Comunidade. A plataforma Galiza, un futuro sen carbón vén de emitir un comunicado no que recolle a listaxe das plantas máis contaminantes de Galicia, entre as cales destacan a fábrica de Alcoa en San Cibrao e a central de carbón das Pontes.
Os datos correspóndense, por suposto, a 2020; xa que, nestes momentos, ambas instalacións atravesan períodos de incerteza que, agás sorpresa, rematarán no seu peche final. Ese é o caso da central das Pontes, que de acordo con Galiza, un futuro sen carbón “segue a ser unha grande fábrica de crise climática” “a pesar do acusado descenso da súa actividade” no ano 2020.
De feito, o ano da covid supuxo un baixón xeneralizado nas emisións de centrais de carbón de Galicia: o nivel de residuos tóxicos emitidos ao aire descendeu nun 45’5%, conta na que quizais tivo que ver a morte da central de Meirama, en Cerceda. “Como resultado da súa menor produción, as emisións de gases causantes de cambio climático das térmicas de carbón baixaron de 2,5 a 1,5 millóns de toneladas entre 2019 e 2020”, apuntan dende a plataforma.
UN MILLÓN DE TONELADAS
Malia que a baixada é acusada, a plataforma non deixa pasar o dato de que a central das Pontes emitiu un millón de toneladas de dióxido de carbono –1.005. 656, exactamente–. Só unha empresa supera a conta: a fábrica de aluminio de Alcoa en San Cibrao, que se pon por diante con 1.045.103 toneladas de CO2; é dicir, máis dun millón de quilos desta substancia contaminante. Calcúlase que un coche particular emite un quilo en arredor de 7 quilómetros de circulación.
Para a plataforma, os datos –recollidos, segundo apuntan, dun informe da Comisión Europea— dan conta da “enorme falta de ambición climática da Xunta”, en particular “no relativo á descarbonización da xeración eléctrica”. Segundo destacan dende a formación, os plan de descarbonización do Goberno de Feijóo son asumibles para a industria galega por ser, precisamente, pouco esixentes. 
“O obxectivo de redución das emisións totais galegas de gases causantes de cambio climático para 2030 foi alcanzado xa en 2019”, explican. “A estratexia climática da Xunta confórmase cunha redución do 24,6% das emisións en 2030, en comparación con 1990”, engaden, a respecto dunha redución que, a falta de datos oficiais, xa se podería ter dado en 2020 polo descenso de actividade ligado á pandemia.
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Achan en Ribadeo o primeiro exemplar dun verme invasor depredador do mexillón en Galicia

O biólogo Daniel Prieto, da confraría de pescadores de Ribadeo, localizou durante unha mostraxe un...

Investigan o furto de produtos alimentarios en dous establecementos de Viveiro

A Garda Civil de Lugo investiga en Burela a dous homes como presuntos autores...

Francisco Rois: “Miguel Ángel Revilla será o pregoeiro da 45ª Festa da Troita da Pontenova”

-Despois de corenta e cinco anos desta Festa da Troita, cales foron os cambios...

A biblioteca de Barreiros contará cun club de lectura e biblioencontros infantís

Barreiros dinamizará a biblioteca municipal organizando encontros mensuais cos que pretende fomentar a lectura...