IniciosociedadeUns 20 gatos da rúa, esterilizados nos dous primeiros meses da campaña...

Uns 20 gatos da rúa, esterilizados nos dous primeiros meses da campaña de control en Ribadeo

O Concello quere involucrar a outras Administracións para que apoien esta iniciativa, iniciada en colaboración co voluntariado e con dúas clínicas veterinarias

Publicada o

- Advertisement -

Arredor de vinte gatos e gatas da rúa foron esterilizados na campaña de control desta especie iniciada polo Concello de Ribadeo en colaboración cun grupo de voluntariado e dúas clínicas veterinarias. A iniciativa comezou hai dous meses, co obxectivo de ter controladas as colonias asentadas en varias zonas da vila.

O concelleiro de Medio Ambiente de Ribadeo, Jorge Díaz Freije, fai un balance positivo e agradece a implicación do voluntariado e das dúas clínicas veterinarias nesta iniciativa.

O edil concretou que “estamos intervindo pouco a pouco nos focos que tiñamos en previsión e de todos se vai collendo algo. Falamos dun animal desconfiado e complexo, posto que se a persoa que normalmente lle dá de comer non está é complicado collelo”, indicou. Segundo o concelleiro, “estámonos esparcindo por outras zonas que tamén están afectadas”.

“Apenas levamos un par de meses pero este proxecto pinta ben grazas ao voluntariado, que está envorcado, e tamén as clínicas están implicadas en que isto siga adiante”, remarcou Díaz Freije, que insistiu en que “cunha boa labor de veciñanza, isto vai con bo camiño e bos pasos”.

O representante do goberno local expuxo que “temos un pequeno orzamento para todo isto e en canto cheguemos ao tope teremos que pagar, pero isto é un capítulo e haberá máis; (os gatos) están fichados, rexistrados, para darlle unha forma legal que nos permita trasladar a outras Administracións para que poidan colaborar con esta iniciativa tanto voluntaria e veciñal coma do Concello”.

ÚLTIMAS

A Xunta autoriza a planta de residuos non perigosos de Ribadeo aínda que recoñece “aumento de pó e ruido”

A Xunta formulou o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación do centro...

A Mariña sentirá a potencia dos motores co seu VIII Rally que se celebrará esta fin de semana

Esta tarde presentouse en Viveiro a oitava edición do Rally da Mariña Lucense, que...

Fundación Expomar presenta o novo formato das súas xornadas técnicas

A Fundación Expomar, co cofinanciamento da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e...

O PP de Foz vota en contra da creación dun PAC en Foz: “o modelo actual funciona”

O Partido Popular de Foz no p en contra da proposta presentada pola esquerda...