IniciosociedadeAdega e Ollomao impulsan unha limpeza da praia de Arealonga, en Barreiros

Adega e Ollomao impulsan unha limpeza da praia de Arealonga, en Barreiros

A actividade, o vindeiro sábado, ten como obxectivo concienciar sobre o lixo verquido ao mar

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) celebrará o vindeiro sábado, 20 de outubro, a sétima edición da Limpeza Simultánea de Praias.

Trátase dunha xornada de voluntariado para a recollida de lixo nos areais das tres provincias galegas. Neste 2018, a actividade na Costa de Lugo acometerase en Arealonga, en Barreiros.

INSCRICIÓNS

Coordinarán as tarefas membros de Adega Lugo e Adega A Mariña, ademais de integrantes do colectivo cultural local Ollomao. Os interesados en participar poden anotarse no número de teléfono 982.240.299 ou no 670.260.440.

Tamén poden enviar un correo electrónico ao enderezo alba@adega.gal, no que deben incluír nome completo e un teléfono de contacto.

O punto de encontro será o restaurante La Yenka, na estrada da praia, ás 11.30 horas. A recollida de lixo rematará sobre as 14.30. É preciso levar calzado axeitado, preferentemente impermeable, e luvas.

DEZ MILLÓNS DE RESIDUOS ANUAIS

A intención da actividade, que se realizará segundo as indicacións do protocolo de actuación de Adega, é visibilizar o lixo que botamos ao mar. Segundo a asociación, cada ano dez millóns de toneladas de residuos rematan nos oceános.

Unha grande parte destes refugallos non proceden da industria marítima, senón da mala xestión en terra.

UN MILLÓN DE AVES MORTAS

A causa disto, Adega estima que máis de un millón de aves mariñas e 100.000 mamíferos e tartarugas morren cada ano ao inxerir ou quedar enredados nos plásticos dos océanos.

ÚLTIMAS

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...

Reunión de confrarías do Cantábrico Noroeste en Foz

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organiza esta semana unha nova...

Dúas alumnas de Foz participan no Campionato Mundial de Pizza Picante en Italia

Marta Chao e Kiara Cabado, alumnas de segundo ano do Ciclo Medio de Cociña...

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...