InicioM.ambiente e PatrimonioO Valadouro reduciu os niños de velutina de 400 a 20 en...

O Valadouro reduciu os niños de velutina de 400 a 20 en catro anos

Segundo o goberno local, nese período matáronse 1.500 raíñas cun investimento de 400 euros

Publicada o

- Advertisement -

O Concello do Valadouro reduciu os niños de velutina de 400 a preto de 20 nun período de catro anos, segundo espuxo o alcalde, o socialista Edmundo Maseda, que afirmou que o municipio é “o primeiro de Europa” en conter a praga da avespa asiática. 

O rexedor resaltou que se acadaron estes resultados cun “trampeo amplo e artesán con botellas de plástico, zume de amorodos e unha bebida alcólica, que pode ser a cervexa”. O custo deste remedio, segundo o goberno local, foi de 400 euros.

Maseda asegurou que na pasada primavera matáronse 1.500 raíñas, que poderían producir outros tantos niños e ata un máximo de 4.500. Na tempada pasada, atrapáronse máis de 350 niños, pois o Concello contabilizou uns 200, os GES de Cervo outros 115 e os abelleiros máis de 60.

CHARLA

O goberno valadourense achegou estes datos na mesa redonda sobre a avespa asiática que se celebrou con motivo da trixésimo primeira edición da Feira do Mel.

Participaron na charla a apicultora María Fé Sixto, o investigador da USC Xesús Feás, o xerente de Serpa, José María Vázquez, e o secretario xeral do PSOE en Lugo, Álvaro Santos Ramos.

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...