InicioM.ambiente e PatrimonioUnha nova cata aspira a obter unha visión transversal do galeón de...

Unha nova cata aspira a obter unha visión transversal do galeón de Ribadeo desde babor

O obxectivo da intervención, que durará tres semanas, é avanzar no coñecemento da arquitectura naval da Coroa Española e dos grandes buques militares dese momento

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia investirá un total de 23.000 euros nunha nova campaña da intervención integral que se efectúa no galeón San Giacomo dei Galizia, en Ribadeo, desde ano 2018.

Nun comunicado, a consellería de Cultura indicou que nesta ocasión está previsto levar a cabo, durante tres semanas, unha intervención arqueolóxica no costado de babor co obxectivo de obter unha visión transversal e avanzar no coñecemento da arquitectura naval da Coroa Española e dos grandes buques militares dese momento.

O pecio de San Giacomo é un dos grandes xacementos localizados ata o momento da súa época e, estes últimos anos, está a achegar unha importante información arqueolóxica sobre a construción naval da Coroa do século XVI. Neste sentido, a Xunta lembrou que foron moi poucas as ocasións nas que se puideron estudar embarcacións españolas da época, e nunca no estado de conservación e da categoría deste buque.

TESTEMUÑA DA EXPANSIÓN MARÍTIMA DOS EUROPEOS

O departamento que dirixe Román Rodríguez destacou que comprender este proceso é de capital transcendencia no estudo da historia naval mundial, pois será a partir dos avances na arquitectura naval hispano-portuguesa do século XVI cando se produza a expansión marítima.

O equipo técnico que participa nesta campaña confórmano profesores universitarios e investigadores de prestixiosas institucións científicas internacionais como o CSIC, a Universidade de Valencia, a University of Texas, a University of Wales Trinity Saint David e laNewport Ship, que contan cunha dilatada experiencia na xestión de proxectos de arqueoloxía subacuática. Tamén colabora a Armada española.

RESULTADOS DA ANTERIOR CAMPAÑA

As campañas desenvolvidas nos anos 2018 e 2019 pola Consellería de Cultura, Educación e Universidades consistiron na realización de sondaxes arqueolóxicas para caracterizar o pecio. Nestes labores concluíuse a existencia dunha gran cantidade de madeira estrutural cun extracto arqueoloxicamente fértil e que conserva, no seu interior, numerosos elementos de interese patrimonial e cuxa potencia se estima moi importante.

Ademais, recuperáronse algún dos obxectos e xeoreferenciouse e caracterizouse un pecio próximo, situado ao noroeste do galeón.

ÚLTIMAS

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...

O sector pesqueiro reclama a Bruxela levantar o veto sobre o palangre “pedra-bola”

CEPESCA, Europêche e OPP Burela reclamaron este mércores no Parlamento Europeo unha modificación urxente...

PP de Lugo acusa ao Goberno de “esconder o seu incumprimento” coa autovía da Mariña

O senador do PP pola provincia de Lugo José Manuel Balseiro acusou ao Goberno...