InicioM.ambiente e PatrimonioTapia e Castropol acordan a limpeza conxunta das praias

Tapia e Castropol acordan a limpeza conxunta das praias

Os dous concellos acondicionarán 17 areais logo que que Cogersa suspendese o servizo

Publicada o

- Advertisement -

Os concellos de Castropol e Tapia de Casariego asinaron un acordo de colaboración para limpar as praias este verán, tras quedar sen o servizo de limpeza que prestaba Compañía para la Gestión de los Residuos Sólidos en Asturias, Sociedad Anónima (Cogersa) a nivel rexional. Os consistorios investirán un total de 24.000 euros nos traballos de limpeza e mantemento dos seus areais na temporada estival, entre os meses de xuño e setembro.

Tapia achegará ao fondo común 14.400 euros, o 60 por cento do importe, ao contar con máis superficie de costa. Castropol aprobou a posta en marcha do plan conxunto no pleno do pasado 14 de maio. Segundo se establece no acordo, os dous municipios compartirán a maquinaria, aínda que contratarán as tarefas manuais de forma independente.

O MUNICIPIO TAPIEGO ACHEGARÁ O 60% DO IMPORTE AO CONTAR CON MÁIS SUPERFICIE

O dispositivo asumirá as tarefas de limpeza e mantemento en 17 areais, desde a Praia de Arnau, en Castropol, ata a Praia de Represas, en Tapia de Casariego.

Os concellos optaron por esta fórmula de colaboración despois de que Cogersa, que ata agora realizaba estes traballos nos areais de todo o Principado de Asturias sen custe adicional para os concellos, deixara de prestar o servizo. O Goberno autonómico comprometeuse a habilitar unha liña de subvencións de 360.000 euros a repartir entre os 18 municipios que teñen que asumir estas tarefas de limpeza este verán.

NO 2019, CAMBIO NOS ESTATUTOS

De cara ao vindeiro ano, o Consorcio público para a xestión de residuos –do que forman parte o Principado e mais os concellos- prevé un cambio dos estatutos que permita volver realizar a limpeza dos areais. A restitución do servizo suporá, en calquera caso, unha carga maior para os concellos, como sinalou o alcalde de Castropol, o socialista Jose Ángel Pérez, en declaracións a Onda Radio Televisión.

Informa Vanesa Gómez Lourido.

ÚLTIMAS

Foz acende este xoves 5 de decembro o alumeado de Nadal

O Concello de Foz ten preparadas moitas actividades e sorpresas para este Nadal, que...

Ribadeo comeza as obras de mellora da Estrada da Costa

Deron comezo as obras de mellora da estrada da costa, que suporán un investimento...

Lucía Freitas, galardaoada co Primeiro Premio Merlín polo proxecto “Amas da Terra”

A cociñeira Lucía Freitas é a gañadora da primeira edición do Premio Merlín polo...

Comezan as obras de mellora do punto limpo de Viveiro

A Tenencia de Alcaldía de Viveiro informa de que xa comezaron as obras de...