InicioM.ambiente e PatrimonioCervo inicia trámites para retirar a licenza do esqueleto da Atalaia

Cervo inicia trámites para retirar a licenza do esqueleto da Atalaia

O goberno local dá un novo paso para derrubar a estrutura e revalorizar o castro ubicado na zona

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo iniciou os trámites para declarar a caducidade da licenza urbanística do esqueleto que está ubicado na zona da Atalaia.

O procedemento que iniciou o goberno local cervense, logo de reunir informes da Policía Local e da oficina técnica, supón a ratificación de forma legal de que as obras iniciadas pola empresa Promociones San Ciprián non cumpriron os prazos de finalización estipulados na licenza e non poden continuar.

O executivo municipal quere derrubar o esqueleto e tamén o edificio de vivendas deshabitado que hai ao seu carón, construído hai máis de trinta anos.

PLAN DE CONSERVACIÓN

Trátase do segundo paso para preservar o castro que se ubica na zona, dentro dun plan de conservación do mesmo redactado polo goberno local.

O mencionado proxecto delimita a zona afectada polo xacemento, inventariado no 2007, cunha superficie de 20.000 metros cadrados.

Entre outros aspectos, o documento regula a execución das actuacións de recuperación, rehabilitación ou mellora da superficie a preservar e fixa as normas xerais de urbanización e infraestruturas neste ámbito protexido.

ÚLTIMAS

Ampla oferta da UNED de Viveiro para o curso 2026/2027 con formación adaptada a varias etapas vitais

A Aula Universitaria da UNED en Viveiro encara o inicio do novo curso académico...

A Academia Xacobea incorpora a John Rutherford e Manuel Valín, ambos moi vinculados a Ribadeo e á Mariña

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este domingo na sesión da...

Cortes na estrada de Xove ao Portiño de Morás por obras do 13 ao 16 de outubro

A Deputación de Lugo informou de cortes na LU-P-2601 desde o martes 13 de...