InicioM.ambiente e Patrimonio(VÍDEO) O emisario roto segue a verter sobre a ría de Viveiro

(VÍDEO) O emisario roto segue a verter sobre a ría de Viveiro

A tubaxe continúa a liberar no estuario augas residuais sen depurar e restos fecais, mentres que por agora non hai data para a súa retirada e a execución da nova condución de vertido

Publicada o

- Advertisement -

Trátase dun problema vello, pero que non ten solución á vista. O emisario submariño roto continúa a verter directamente sobre a ría de Viveiro augas residuais sen depurar e restos fecais. Un mariñeiro de Covas, José Manuel Chaves, capturou este xoves unha instantánea que se repite no tempo e para a que non se puxo remedio.

Os problemas de saneamento na ría de Viveiro, cunha estación depuradora de augas residuais (EDAR) ineficiente e a rotura da tubaxe, son reiterados. Por agora, o proxecto de retirada do emisario e de execución da nova condución de vertido non ten data; a mediados do pasado mes de xuño, a Xunta de Galicia sostiña “estar ultimando” o plan, que inclúe un novo tanque de tormentas e mellora da capacidade de bombeo de Celeiro.

O pasado 4 de xuño, o Goberno autonómico anunciaba a sinatura do contrato, cun prazo de 18 meses e tres millóns de orzamento, para a ampliación da EDAR de Viveiro, un día despois de que o Concello recomendase non bañarse na praia celeirense por detectarse nunha analítica cantidades de E.Coli superiores ao parámetro máximo medioambiental. Comprometía o Executivo galego o inicio das obras no presente verán.

Os atrasos na consecución do saneamento da ría de Viveiro, con obras pendentes desde hai case dúas décadas e ducias de promesas incumpridas, ademais da posible perda de fondos europeos se non se tramitan os traballos no tempo estipulado, motivaron a creación dunha plataforma veciñal, Pro-Celeiro, para urxir a súa execución.

ÚLTIMAS

Raquel Blas: “A Queimada de Cervo naceu nunha formigoneira”

-Como naceu esta queimada popular, cales foron os motivos que tiveron as persoas a...

A Feira de Gando do San Bartolo volve a Penas Agudas o luns 24 de agosto

Como cada ano, e mantendo viva unha tradición que se remonta a tempos ancestrais,...

A Garda Civil comisa 28 quilos de polbo sen trazabilidade na Mariña

A Garda Civil, en colaboración con persoal inspector do Servizo de Gardacostas de Galicia,...

O PP de Foz denuncia o abandono da praza Pardo de Cela por parte do goberno de Cajoto

O voceiro do Grupo Municipal do PP de Foz, Javier Castiñeira, denuncia o “lamentable...