InicioM.ambiente e PatrimonioConstrúen unha caseta de formigón ao pé da igrexa de San Pedro,...

Constrúen unha caseta de formigón ao pé da igrexa de San Pedro, en Riotorto

Os PSdeG cre que a edificación, que servirá para incinerar coroas, "non se axusta á legalidade"

Publicada o

- Advertisement -

O PSdeG de Riotorto denuncia a construción dunha caseta de formigón a carón da antiga igrexa de San Pedro. A edificación utilizarase para incinerar as coroas das cerimonias relixiosas que se celebran no santuario.

Os socialistas consideran que é “é unha barbaridade construír con formigón nesta contorna” e resaltan “o esforzo que custou á veciñanza de Riotorto manter esta mostra de arquitectura barroca ao longo dos anos”.

O TEMPLO ESTIVO 65 ANOS PECHADO E FOI PRECISO UN INVESTIMENTO DE 80.000 EUROS PARA QUE VOLVESE PRESTAR SERVIZO

MONUMENTO DO SÉCULO XVII

O templo, do século XVII e no que destaca a torre-campanario do 1762, estivo máis de 65 anos pechado, nun estado de deterioro. O grupo municipal do PSdeG lembra que foi necesario un investimento de 80.000 euros, cunha achega da Deputación de Lugo, para recuperar o monumento, “un sinal de identidade do noso municipio”.

“NON CUMPRE A LEI”

O secretario do grupo municipal socialista, José García Freije, sinala que “sorpréndenos que a Xunta de Galicia e o bispo autoricen esta caseta” e cre que “non se axusta á legalidade porque non cumpre coa normativa vixente en canto á distancia de novas construcións respecto do patrimonio”.

O PSoe riotortense considera que non mantén a distancia respecto do patrimonio estipulada na normativa

QUEIXAS DE VECIÑOS

García Freije asegura que recibiu “moitas queixas dos veciños” por este motivo e pide explicacións ao alcalde, o popular Clemente Iglesias, sobre “este esperpento e canto nos vai custar aos riotortenses”.

ÚLTIMAS

O SLG denuncia anomalías na DIA da Xunta para a balsa de lodos de Alcoa

O SLG denuncia que a DIA da Xunta de Galicia para ampliar a balsa...

O Concello de Ribadeo apunta que as obras do Hospital Asilo van a bo ritmo

A reforma do hospital asilo avanza a moi bo ritmo. Así o subliñou o...

“Eu como peixe de Burela” achega as vantaxes de comer peixe aos pequenos do Valadouro

Corenta alumnos de educación infantil e primaria do CEIP Plurilingüe Santa María do Valadouro...

Ribadeo celebra o vindeiro domingo a segunda preparatoria Cros A Mariña

Ribadeo acollerá o vindeiro domingo, 17 de novembro, a 2ª Preparatoria Cros A Mariña....