InicioM.ambiente e PatrimonioA ruta Rueta-Sargadelos seduce a máis de cincuenta participantes

A ruta Rueta-Sargadelos seduce a máis de cincuenta participantes

O percorrido partiu do castro para seguir pola beira do río Xunco, na que se atopan varios muíños

Publicada o

- Advertisement -

Máis de cincuenta persoas percorreron o primeiro dos roteiros no municipio de Cervo impulsados por Fervenza de Sargadelos e Mariña Patrimonio, que contan coa colaboración do Concello. A iniciativa foi un éxito, pois esgotáronse as prazas ofertadas polas dúas asociacións organizadoras e participaron persoas de todas as idades, mesmo crianzas de tres anos.

Os seindeiristas comezaron o percorrido cunha visita ao castro de Rueta. Alí poideron coñecer as características do antigo asentamento e as lendas que rodean lugares da contorna como O Cabaliño ou o Furado das Pombas. Tamén admiraron o petróglifo atopado na zona.

Os participantes recibiron explicacións do patrimonio cultural e natural que visitaron.

A continuación, os camiñantes partiron cara Sargadelos. Seguiron a beira do río Xunco para completar a ruta dos Muíños, que rematou no conxunto histórico-artístico, coas antigas fábricas de cerámica.

PRÓXIMO ROTEIRO

Os roteiros impulsados en Cervo por Mariña Patrimonio e Fervenza de Sargadelos teñen como obxectivo mostrar o patrimonio arqueolóxico e natural do municipio. O seguinte traxecto, que permitirá desfrutar do castro da Senra ou doutro paraxe emblemático como a Fraga de Trasbar, celebrarase o 27 de outubro. O percorrido precisará dunhas seis horas, e desenvolverase en xornada de mañá e tarde.

A data límite para anotarse é o día 23. A ruta custa cinco euros, un prezo que inclúe seguro e desprazamentos en autobús. Anotan nos correos electrónicos fervenzadesargadelos@gmail.com e mr.patrimonio@gmail.com.

ÚLTIMAS

Ampla oferta da UNED de Viveiro para o curso 2026/2027 con formación adaptada a varias etapas vitais

A Aula Universitaria da UNED en Viveiro encara o inicio do novo curso académico...

A Academia Xacobea incorpora a John Rutherford e Manuel Valín, ambos moi vinculados a Ribadeo e á Mariña

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este domingo na sesión da...

Cortes na estrada de Xove ao Portiño de Morás por obras do 13 ao 16 de outubro

A Deputación de Lugo informou de cortes na LU-P-2601 desde o martes 13 de...