InicioM.ambiente e PatrimonioAs covas do Rei Cintolo alcanzan as 12.000 visitas

As covas do Rei Cintolo alcanzan as 12.000 visitas

A cavidade está a superar no 2018 "todas as cifras rexistradas nos anos anteriores", di o Concello

Publicada o

- Advertisement -

As covas do Rei Cintolo alcanzaron o pasado martes as 12.000 visitas desde que comezaron os accesos guiados á cavidade, no 2006. O goberno de Mondoñedo asegura que neste 2018 “estanse a superar todas as cifras rexistradas nos anos anteriores”, e resalta que no que vai de exercicio xa se incrementou “nun 2% os datos de peche de campaña no 2017”.

Así, no pasado agosto, o aumento de visitantes con respecto ao mesmo período do ano anterior foi do 35%. Na primeira quincena de setembro, o incremento foi máis lixeiro, dun 5%, fronte ás cifras de visitas do mesmo mes no 2017.

A alcaldesa de Mondoñedo, a popular Elena Candia, entregou un diploma á visitante 12.000 do monumento natural, Lidia Riobó, ademais de agasallala cunha visita gratuíta.

Entrega do diploma. AXM

Visitas á Cova do Rei Cintolo

Pode visitar a cova calquera persoa maior de doce anos. Informan na oficina de turismo ou no teléfono 982.50.71.77. O prezo da visita, con hora e cuarto de duración, é de 15 euros, con equipamento incluído.

Ata finais de setembro poderase visitar a cavidade de luns a domingo en grupos reducidos, con tres alternativas: 12.00, 17.00 e 18.30 horas. En outubro o servizo manterase nas fins de semana, pontes e festivos, e desde novembro só haberá visitas no horario matinal e no de primeira hora da tarde.

ÚLTIMAS

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...

Reunión de confrarías do Cantábrico Noroeste en Foz

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organiza esta semana unha nova...

Dúas alumnas de Foz participan no Campionato Mundial de Pizza Picante en Italia

Marta Chao e Kiara Cabado, alumnas de segundo ano do Ciclo Medio de Cociña...

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...