InicioM.ambiente e PatrimonioDous roteiros mostrarán o patrimonio arqueolóxico e natural de Cervo

Dous roteiros mostrarán o patrimonio arqueolóxico e natural de Cervo

A primeira andaina, o 30 de setembro, partirá de Rueta para rematar en Sargadelos, e a segunda, o 27 de outubro, irá de Trasbar á Senra

Publicada o

- Advertisement -

As asociacións Mariña Patrimonio e Fervenza de Sargadelos, en colaboración co Concello de Cervo, organizan dous roteiros para mostrar o patrimonio arqueolóxico, cultural e natural do municipio. Unha das rutas, que partirá de Rueta e rematará en Sargadelos, será o 30 de setembro e a outra, que comezará en Trasbar para finalizar na Senra, celebrarase o 27 de outubro.

ITINERARIOS

O primeiro roteiro será matinal. Iniciarase cunha interpretación do castro de Rueta, para despois coller o sendeiro que vai desde a praia pola beira do río Xunco. Neste treito, os participantes poderán ver varios muíños. A actividade acabará no conxunto histórico-artístico de Sargadelos.

Fraga de Trasbar. MARIÑA PATRIMONIO

A segunda das andainas durará toda a xornada. Partirá da fraga de Trasbar, un bosque de grande diversidade ecolóxica e medioambiental, no que se atopan restos de carboeiras. A camiñada continuará polos Montes dos Cabaleiros, que permiten unha vista panorámica da bisbarra, para rematar noutro xacemento arqueolóxico, o castro da Senra.

INSCRICIÓNS

As persoas interesadas en participar na ruta do 30 de setembro teñen de prazo para anotarse ata o día 26. No caso do roteiro do 27 de outubro, a data límite para inscribirse é o 23 dese mes.

Cartel das actividades. FDS

Cada actividade custa cinco euros, un prezo que inclúe seguro e desprazamentos en autobús. Anotan nos correos electrónicos fervenzadesargadelos@gmail.com e mr.patrimonio@gmail.com.

ÚLTIMAS

Licitadas as obras para mellorar a intersección entre a N-642 e a LU-152 en Foz

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable licitou por 511.617,26 euros o contrato de...

‘Plans con Corazón’ da Mancomunidade chegarán a Ourol, Foz e Barreiros

Aproveitando que a vindeira fin de semana será un pouco máis longa, ao sumarse...

Medalla de Ouro de Viveiro á Xunta de Confrarías da cidade

O Concello de Viveiro celebrará este mércores, 7 de outubro, ás 19:30 horas, unha...

Ribadeo inviste un millón de euros na reparación de vías de comunicación

Ribadeo investirá un millón de euros no arranxo das vías de comunicación, procedente da...