InicioM.ambiente e PatrimonioCervo elabora un plan para preservar 20.000 metros cadrados do castro da...

Cervo elabora un plan para preservar 20.000 metros cadrados do castro da Atalaia

O proxecto cifra en 320.000 euros o custo de expropiar catro parcelas de titularidade privada e eliminar o esquelete de formigón e maila vivenda unifamiliar deshabitada que hai na zona

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo elaborou un plan especial de protección do castro da Atalaia. O borrador estará a disposición pública na web da Consellería de Medio Ambiente ata o 24 de setembro, para ser sometido a aprobación no pleno, probablemente no mes de outubro.

O proxecto será o primeiro paso para a posta en valor do xacemento, inventariado no 2007 e ubicado en San Cibrao. De ser aprobado pola corporación, o plan servirá como soporte legal para que o goberno local poda adquirir ou expropiar parcelas de titularidade privada nas que se atopa unha parte do castro que se quere conservar.

de ser aprobado pola corporación, o documento servirá como soporte legal para adquisición ou expropiación de terreos

Así, a elaboración do plan responde á intención do Concello de “buscar unha fórmula para que os terreos que se inclúen nese plan e non son públicos pasen a selo”, segundo expón o alcalde de Cervo, o popular Alfonso Villares, que engade que “xa puxemos toda a maquinaria municipal en marcha para este propósito”.

Superficie que se quere conservar. AXM

As parcelas que o goberno local aspira a expropiar ou adquirir son unha na que se ubica un esquelete de formigón, outra na que se construíu unha vivenda unifamiliar deshabitada e dúas sen edificar. “A idea é eliminar os edificios, pois non nos serven”, explica o rexedor.

o goberno local quere derruír os edificios inutilizados na atalaia, en parcelas de titularidade privada

ORZAMENTO

Segundo o plan económico que inclúe o documento, o custo da expropiación dos terreos e mailo seu acondicionamentodemolicións e intervención arqueolóxica-, ascendería a 320.417 euros.

NORMATIVA

O plan de protección delimita a parte do castro que se quere conservar, que abrangue uns 20.000 metros cadrados. Tamén regula a execución das actuacións de recuperación, rehabilitación ou mellora da superficie a preservar e fixa as normas xerais de urbanización e infraestruturas neste ámbito protexido.

ÚLTIMAS

Foz acende este xoves 5 de decembro o alumeado de Nadal

O Concello de Foz ten preparadas moitas actividades e sorpresas para este Nadal, que...

Ribadeo comeza as obras de mellora da Estrada da Costa

Deron comezo as obras de mellora da estrada da costa, que suporán un investimento...

Lucía Freitas, galardaoada co Primeiro Premio Merlín polo proxecto “Amas da Terra”

A cociñeira Lucía Freitas é a gañadora da primeira edición do Premio Merlín polo...

Comezan as obras de mellora do punto limpo de Viveiro

A Tenencia de Alcaldía de Viveiro informa de que xa comezaron as obras de...