InicioM.ambiente e PatrimonioTiran restos de mobles e dun equipo de son no río da...

Tiran restos de mobles e dun equipo de son no río da Rigueira

O Concello de Xove e Seprona investigarán o que consideran "un atentado ecolóxico"

Publicada o

- Advertisement -

O goberno local de Xove denuncia que no río da Rigueira, á altura de Regosangüento, apareceron restos de mobiliario e outros enseres -entre eles, un equipo de son– tirados a carón da ponte. O lugar, onde está ubicada unha área recreativa, pertence á Ruta dos Muíños.

O alcalde, o popular Demetrio Salgueiro, considera que se trata dun “atentado ecolóxico, incomprensible desde calquera punto de vista”. O rexedor afirma que o Concello iniciou unha investigación para dar co responsable e apunta que o Servizo de Protección da Natureza (Seprona) tamén está a estudar este caso, agravado por ser o río o depositario do lixo e pola presenza de aparatos electrónicos.

ATA 31.000 EUROS DE SANCIÓN

O goberno local sostén que a sanción está tipificada no código legal cun custo económico de ata 31.000 euros e lembra que hai un punto limpo no municipio aberto polas mañás, de luns a sábado.

ÚLTIMAS

Ampla oferta da UNED de Viveiro para o curso 2026/2027 con formación adaptada a varias etapas vitais

A Aula Universitaria da UNED en Viveiro encara o inicio do novo curso académico...

A Academia Xacobea incorpora a John Rutherford e Manuel Valín, ambos moi vinculados a Ribadeo e á Mariña

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este domingo na sesión da...

Cortes na estrada de Xove ao Portiño de Morás por obras do 13 ao 16 de outubro

A Deputación de Lugo informou de cortes na LU-P-2601 desde o martes 13 de...