InicioM.ambiente e PatrimonioSan Cibrao acollerá unhas xornadas para escolares sobre a prevención de incendios

San Cibrao acollerá unhas xornadas para escolares sobre a prevención de incendios

Participarán na iniciativa, do 23 ao 26 de setembro, colexios de toda a bisbarra

Publicada o

- Advertisement -

Cervo acollerá, por segundo ano consecutivo, a Semana de Prevención de Incendios, que se celebrará no pavillón da Veiga, en San Cibrao, os días 24, 25 e 26 de setembro.

Promoven a actividade o Concello, a Fundación MAPFRE e a Asociación Profesional de Técnicos de Bombeiros (APTB). Alcoa colabora tamén co evento.

Esta iniciativa ten un carácter pedagóxico e, aínda que está aberta ao público, diríxese sobre todo ao alumnado dos colexios da bisbarra da Mariña. O obxectivo da actividade é que os nenos “aprendan a identificar os riscos que poden presentarse na súa contorna, adquiran hábitos preventivos e saiban como actuar en caso de emerxencia”, explicou o alcalde de Cervo, o popular Alfonso Villares.

800 ALUMNOS NO 2017

O goberno local remitiu unha invitación por escrito a todos os centros educativos da comarca. Na pasada edición participaron nas xornadas de prevención máis de 800 escolares de toda a Mariña.

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...