InicioM.ambiente e PatrimonioEnce premiará o coidado do monte dos produtores de madeira de Viveiro

Ence premiará o coidado do monte dos produtores de madeira de Viveiro

A papeleira e Promavi pactan un programa de puntos para recompensar a xestión forestal

Publicada o

- Advertisement -

Ence-Enerxía e Celulosa e a asociación de Produtores de Madeira de Viveiro (Promavi) asinaron no hotel Ego de Area un convenio polo cal os empresarios beneficiaranse dun “programa de puntos” que busca mellorar a xestión do monte. O colectivo de comerciantes viveirense é o primeiro que se adhire a esta iniciativa.

O programa de puntos de Ence parte de tres categorías (platino, ouro e bronce) que se asignarán aos produtores na sinatura do acordo de adhesión de cada colectivo ao programa, e revisaranse anualmente na renovación do convenio de compra.

OS COLECTIVOS PODERÁN ACADAR ABONOS, DESBROCES OU TRATAMENTOS FITOSANITARIOS

En función do grado de cumprimento destes parámetros e dos seus obxectivos trimestrais, as asociacións de produtores recibirán a final de ano un número determinado de puntos, aos que poderán sumarse tantos adicionais obtidos coa participación da asociación noutras campañas de compra.

PREMIOS

Así, o programa de puntos premiará “a fidelidade” dos propietarios, co cumprimento dunha serie de compromisos canxeables por fertilizantes, rozas, tratamentos fitosanitarios ou o mantemento de pistas, entre outros.

“LOITA CONTRA OS LUMES”

No acto de presentación da iniciativa, ao que asistiu o presidente de Promavi, Manuel Galdo, Álvaro Eza, director xeral da cadea de suministración da compañía, asegurou que o proxecto “impulsará a mellora da xestión forestal”, o que significará tamén, ao seu xuízo, “un aumento do rendemento dos cultivos”. Ademais, sinala o dirixente de Ence, “esta iniciativa traducirase no coidado do medio e na loita contra os lumes”.

ÚLTIMAS

Denuncian ao condutor dun camión por superar as taxas de alcol permitidas

A Garda Civil denunciou ao condutor dun camión de mercacías perigosas ao superar as...

A Mariña en alerta laranxa por temporal marítimo este mércores

Galicia continuará este mércores baixo a influencia dun temporal marítimo que manterá activada a...

Nove anos de cadea por agredir e reter ilegamente á súa exparella en Xove

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e sete meses de prisión...

Formación en Cervo sobre turismo slow para a Mariña

A antiga carboeira do Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, en Cervo, acolleu hoxe...