InicioM.ambiente e PatrimonioAsteleiros Fra acollerá unha charla sobre o avistamento de baleas en San...

Asteleiros Fra acollerá unha charla sobre o avistamento de baleas en San Cibrao

Anxo Cao, guía e biólogo, ofrecerá unha conferencia o vindeiro martes na carpintería de ribeira

Publicada o

- Advertisement -

A carpintería de ribeira de San Cibrao, que ostenta Francisco Fra, acollerá o martes 28 de agosto unha conferencia sobre o avistamento de baleas preto da costa sancibrense.

Impartirá a charla o estudante de bioloxía Anxo Cao, que traballou como guía de avistamento de baleas nas illas Azores. Así, o experto falará sobre a tipoloxía e morfoloxía destes cetáceos, a súa caza ou o estado actual das especies.

o 14 de xullo, o patrón do veleiro carrao avistou catro rorcuais comúns a 25 millas da costa sancibrense

O pasado martes 14 de agosto, Ramón Rivas, patrón do veleiro Carrao, avistou a unhas 25 millas de San Cibrao catro baleas xuntas, probablemente rorcuais comúns. O navegante veu uns 30 surtidores nunha travesía perpendicular á costa, o que, segundo a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma), demostra que estes animais atoparon grandes cantidades de alimento na zona.

Cartel da charla. AXM

CENTRO AZUL

A actividade enmarcarase no impulso da cultura mariñeira á que aspira o Asteleiros Fra, galardonado co distintivo de centro azul que concede a Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (Adeac).

PORTO BALEEIRO MEDIEVAL

San Cibrao foi ao longo dos séculos un porto baleeiro que chegou a recibir 30 baleas anuais. Os primeiros escritos desta práctica remóntanse aos séculos VIII e IX, se ben o seu apoxeo foi entre o XIII e o XIV.

ÚLTIMAS

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...

Reunión de confrarías do Cantábrico Noroeste en Foz

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organiza esta semana unha nova...

Dúas alumnas de Foz participan no Campionato Mundial de Pizza Picante en Italia

Marta Chao e Kiara Cabado, alumnas de segundo ano do Ciclo Medio de Cociña...

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...