InicioM.ambiente e PatrimonioMondoñedo convidará a reciclar co paso da Vuelta a España pola cidade

Mondoñedo convidará a reciclar co paso da Vuelta a España pola cidade

O Concello, a Xunta e Ecovidrio colaboran nunha campaña que aproveita o tirón da carreira ciclista para concienciar aos cidadáns

Publicada o

- Advertisement -

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Ecovidrio e o Concello de Mondoñedo colaborarán para concienciar á poboación sobre a necesidade de reciclar os envases de vidro co gallo da Vuelta Ciclista a España 2018, que este ano comezará unha das súas etapas desde o municipio lucenseSerá a décima segunda rolda, o 6 de setembro.

Co lema ‘Recicla vidro e pedalea‘, a iniciativa aspira a aproveitar o reclamo que supón o paso deste evento deportivo por varias localidades de todo o país para sensibilizar no respecto ao medio ambiente a veciños e amantes do ciclismo, e implicalos á vez no obxectivo de incrementar as taxas actuais de recuperación destes residuos.

Con motivo do paso da Volta a España por Mondoñedo, o municipio conta xa con seis novos colectores vinilados coa imaxe da campaña. Todos os envases que se recollan neles serán utilizados por Ecovidrio para deseñar e fabricar un trofeo sustentable que se lle entregará á alcaldesa o próximo 6 de setembro, coincidindo coa saída da etapa.

instalaronse seis novos colectores e haberá batidas para recoller residuos

Outra das novidades da campaña deste ano será a programación de batidas de recollida de residuos por parte de voluntarios durante parte do trazado. Estas accións de limpeza están previstas en oito das 21 etapas das que consta a carreira. Mondoñedo será un dos municipios escollidos.

Nesta edición porase á venda un mini iglú solidario da Vuelta a España 2018. Por cada mil unidades vendidas, Ecovidrio comprométese a doar unha handbike ao Hospital Nacional de Parapléxicos de Toledo.

A directora xeral de calidade ambiental e cambio climático, María Cruz Ferreira, a alcaldesa de Mondoñedo, a popular Elena Candia, e o xerente en Galicia de Ecovidrio, Germán Fernández, participaron na presentación do acto.

DATOS A NIVEL LOCAL DO 2017

Durante o 2017, en Mondoñedo recicláronse un total de 34.072 quilogramos de vidro, 9,2 por habitante. Respecto á taxa de contenerización, Mondoñedo sitúase cunha media de 207 habitantes por colector, contando na actualidade cun total de 18 iglús instalados para a xestión deste tipo de residuos no municipio.

ÚLTIMAS

Cervo acolle a III Carreira de Andadura o sábado 11 de xullo

O Concello de Cervo acollerá o vindeiro sábado 11 de xullo a III Carreira...

Viveiro acelera a tramitación do PXOM mentres o PSdeG reclama transparencia nos pasos a dar

O Goberno municipal de Viveiro levará a próxima semana (o mércores 15) a un...

Barreiros aclara a cronoloxía da demolición de seis vivendas en Lóngara

Aos efectos de aclarar a situación procesual e procedimental do Concello de Barreiros no...

Presentan en Viveiro a Banda de Música Xuvenil O Landro

 A Banda de Música O Landro presentou no Concello de Viveiro a súa Banda...