InicioM.ambiente e PatrimonioRematan as auditorías das praias que impulsa a Deputación

Rematan as auditorías das praias que impulsa a Deputación

O obxectivo das probas é constatar que se cumpren os requisitos do certificado medioambiental ISO 14.001

Publicada o

- Advertisement -

A Deputación de Lugo anunciou que remataron as auditorías internas efectuadas para manter o distintivo da certificación medioambiental ISO 14.001. As probas finalizaron o pasado xoves en Burela, tras deterse en Ribadeo, Foz e Viveiro. Os resultados poranse en común este venres no Cenima de Foz. 

As avaliacións consistiron na análise do estado das augas e dos areais dos municipios citados. O obxectivo é revisar o grao de cumprimento dos requisitos establecidos na lexislación para obter o distintivo medioambiental, que garante unha correcta xestión da contorna.

INVESTIMENTO

O goberno provincial inviste neste proxecto un total de 17.768 euros, dos que 10.781 son para consultoría e asesoramento e 6.897 para a fase de certificación.

O deputado de medio ambiente, Argelio Fernández Queipo, destacou que “ISO 14.001 é un distintivo que vai máis alá da bandeira azul, que se rexe por leis da Unión Europea (UE), co que logramos praias de auténtica calidade ao garantir o cumprimento de regulamento máis esixente e prestixioso da UE, o Eco-Management and Audit Scheme (Emas)”. A diferenza da Q de Calidade, que atende ás demandas dos turistas que marcan as empresas, este distintivo atende as leis medioambientais”, concluíu.

OBXECTIVOS

A Deputación puxo en marcha o proxecto da certificación medioambiental en 2009, nun esforzo por garantir que as praias mariñás foran un referente de calidade en España. Con este apoio, o goberno provincial establece tres obxectivos: a xestión das praias como un verdadeiro servizo público, lograr unha tarxeta de presentación da provincia de Lugo que marque diferenzas; e facilitar o acceso a futuros fondos europeos, grazas ao cumprimento das normas comunitarias.

ÚLTIMAS

Feira do Mel do Valadouro: a vocación e a resistencia fronte aos desafíos do sector

  O concello do Valadouro volve ser o epicentro da apicultura mariñá e galega coa...

O Goberno central comprométese coa pesca artesanal con medidas para facer atractivo o sector

A secretaria xeral de Pesca, Isabel Artime, participou este venres na xornada de traballo...

Evacuados doce viaxeiros do tren Ortigueira-Viveiro por un obstáculo na vía no Concello de Mañón

Unha docena de viaxeiros tiveron que ser evacuados este xoves á noite despois de...

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...