InicioM.ambiente e PatrimonioAtopan morto un cachorro de balea na praia do Torno

Atopan morto un cachorro de balea na praia do Torno

O vindeiro venres farase a necropsia ao animal, duns seis metros de lonxitude

Publicada o

- Advertisement -

Un cachorro de balea común ou baleato apareceu morto na tarde deste xoves en San Cibrao, en concreto na praia do Torno.

Segundo informaron fontes da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma), o exemplar, de aproximadamente seis metros de lonxitude, varou xa morto no areal sancibrense sobre as tres da tarde.

Operarios municipais encargáronse de retirar o cadáver. O vindeiro venres, segundo informaron as mesmas fontes da coordinadora ecoloxista, a unidade móbil do Cemma desprazarase ao municipio de Cervo para recoller datos e mostras a fin de realizar a necropsia do animal.

ÚLTIMAS

Merluza D& Burela, única frota de altura certificada “pescaenverde”

A frota de palangre demersal da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela...

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

A X Foliada Nordestía animará San Cibrao o 28 de marzo

San Cibrao acollerá o sábado 28 de marzo a X Foliada Nordestía, unha edición...

O BNG denuncia que A Mariña non conta con Grupo de Emerxencias Supramunicipais

O pasado 24 de febreiro, o pleno da Deputación Provincial aprobou por unanimidade e...