InicioM.ambiente e PatrimonioAs aves mortas ou feridas por un posible "sentinazo" chegan ao Occidente...

As aves mortas ou feridas por un posible “sentinazo” chegan ao Occidente de Asturias

Araos ou gaivotas apareceron mortas e feridas nas praias do litoral asturiano, ao igual que aconteceu nos últimos días na Mariña Lucense e no resto da costa galega

Publicada o

- Advertisement -

A Coordinadora Ecoloxista d’Asturies denunciou este luns a través dun comunicado que nos últimos días comezaron a documentarse aves abeiradas tamén nas praias do occidente de Asturias, tal e como ocorreu na Mariña Lucense e en practicamente todo o litoral galego, o que asociacións como Adega ou Cemma atribuíron a un posible “sentinazo”.

O colectivo alerta de que algunhas das aves atopadas “estaban mortas, pero outras aínda con vida. Trátase de fradeciños atlánticos, araos comúns, alcatraces atlánticos e gaivotas cabecinegras, entre outras especies de aves mariñas”, expón.

As aves apareceron “manchadas de petróleo. Todo apunta unha vez máis, e xa perdemos a conta do número de veces que isto ocorre, a un vertido provocado pola limpeza dos tanques ou das sentinas dun dos centos de barcos mercantes que a diario navegan fronte ás costas galegas, un ‘sentinazo'”, asegura a Coordinadora. “O problema é recurrente, cando non é un vertido intencionado é un accidente pero cada poucos anos atopámonos con esta lamentable situación na nosa costa”, concluíu.

Deste xeito, reclama ao Principado de Asturias que “poña en marcha un centro de recuperación de especies mariñas (non só de aves) como os existentes noutras comunidades autónomas. Malia que cada vez que ocorre un destes episodios, sucédense declaracións e promesas de posta en marcha dun destes centros por parte da Administración do Principado, levamos anos demandándoo”, lembra.

ÚLTIMAS

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

Correos activa o servizo de transporte de mochilas no Camiño norte no seu paso por Ribadeo

Os peregrinos que realicen o Camiño de Santiago este ano xa teñen dispoñible o...

Ribadeo anuncia melloras na accesibilidade para a Rúa Virxe do Camiño

O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos mellorando a zona da Virxe do Camiño....

Barreiros inaugura a exposición “Fauna Esencial”

Esta mañá ás 11:30 horas tivo lugar a inauguración da Exposición “Fauna Esencial” da...