InicioM.ambiente e PatrimonioRibadeo executa tallas subsidiarias en tres parroquias ao haber eucaliptos próximos ás...

Ribadeo executa tallas subsidiarias en tres parroquias ao haber eucaliptos próximos ás casas

O Concello actuará en Arante, Couxela e Cedofeita, pois as árbores pirófitas "supoñen un perigo", e espera sufragar os traballos coa venta da madeira e con cargo aos propietarios

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo iniciou de forma subsidiaria tallas de eucaliptos que están próximos a vivendas no termo municipal, despois de que os propietarios das parcelas afectadas non respondesen de forma favorable aos requerimientos enviados polo goberno municipal nos dous últimos anos.

O alcalde de Ribadeo, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, precisou que esta execución subsidiaria é unha medida de seguridade e de prevención, porque os eucaliptos que empezou a tallar o Concello nas parroquias de Arante, Couxela e Cedofeita, supoñen “un perigo para as persoas”, tendo en conta da súa proximidade ás casas.

Asegurou que o Concello buscar tratar “a todos por igual” e, tendo en conta de que a “inmensa maioría” dos propietarios requiridos realizaron talas de forma “voluntaria”, agora a administración local ocuparase de facer o propio nas parcelas dunha “pequena minoría” que fixo caso omiso aos requerimientos municipais.

OITO TERREOS DE 700 PARCELAS

De feito, o alcalde recordou que “das setecentas parcelas” identificadas fai dous anos, nas tres primeiras parroquias nas que actuará a administración local só se cortarán os eucaliptos plantados en oito terreos.

Para iso, o Concello de Ribadeo sufragará parte dos gastos das cortas coa venta da propia madeira, mentres que a cantidade restante amortizarase con cargo ás arcas municipais, para logo reclamar o pago aos propietarios dos terreos.

ÚLTIMAS

Fran Cajoto: “O PXOM aprobouse despois de esperar seis anos polos permisos de Augas de Galicia”

-Por que se tardou tanto en aprobar o PXOM de Foz? Houbo un cambio de...

Adolfo Corral: ‘O SERGAS di que a asistencia sanitaria na Mariña está garantida, nós dicimos que non é certo’

-Ademais do persoal que traballa no centro hospitalario de Burela, ás concentracións acoden tamén...

Foz celebra a Festa do Berberecho o sábado 26 de abril

O próximo sábado, día 26 de abril chega de novo a Festa do Berberecho...

Xebra! celebrará a presentación do libro ‘Diário comboio’ de Raquel Miragaia

O centro social Xebra! acolle este venres 25 de abril a presentación de 'Diário...