InicioM.ambiente e PatrimonioAutocaravanas aparcan sen control nun castro inventariado de Barreiros

Autocaravanas aparcan sen control nun castro inventariado de Barreiros

Adega e Mariña Patrimonio denunciaron no Seprona a utilización do xacemento de San Pedro de Benquerencia como lugar de estacionamento

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) e Mariña Patrimonio denunciaron no Servizo de Protección da Natureza (Seprona) que se está a utilizar o Castro da Punta de San Pedro de Benquerencia como aparcadoiro de autocaravanas. Trátase dun xacemento non excavado, pero si inventariado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

As dúas agrupacións presentaron unha denuncia polo que entenden como un incumprimento da normativa urbanística. Os colectivos lembran que este xacemento barreirense é un ben patrimonial incluído no catálogo das Normas Subsidiarias de Planeamento do Concello de Barreiros, cunha calificación urbanística de solo non urbanizable e protexido.

Consideramos que esta protección da que goza o Castro de San Pedro non é compatible co uso que se lle está a dar actualmente como aparcadoiro de caravanas ou lugar de tránsito destes vehículos”, sinala Manuel Miranda, de Mariña Patrimonio.

Autocaravanas no castro. AXM

VULNERABLE

Miranda asegura que “esta práctica pode estar provocando danos no xacemento”, que é especialmente vulnerable porque, “como outros castros costeiros, quizais pola acción do vento, a zona arqueolóxica ten moi pouco espesor. Hai só uns 20 centímetros de profundidade e aprécianse con moita facilidade restos de cerámica. O peso dos vehículos, máis aínda se chove, pode causar un impacto”, expón.

A ZONA ARQUEOLÓXICA DO XACEMENTO É POUCO FONDA, “DUNS 20 CENTÍMETROS”, POLO QUE O PESO DOS VEHÍCULOS O PON EN PERIGO

O dirixente de Mariña Patrimonio argumenta que “se en monumentos naturais como As Catedrais insistimos en que a xente non pase por riba dos arcos, aquí non podemos permitir que se pousen sobre un castro vehículos de moito peso”.

“FINCA PARTICULAR”

O alcalde de Barreiros, o popular Alfonso Fuente Parga, resalta que se trata “dunha finca particular, nunca dun aparcadoiro municipal”, e afirma que “se é certo que iso é prexudicial e non debe pasar é Seprona quen debe actuar”. O rexedor admite que o goberno local non fixo ningunha advertencia aos turistas da presenza dun castro inventariado na zona, nin tampouco ningún aviso ao titular da propiedade.

“se é certo QUE NON SE LLE PODE DAR ESE USO É SEPRONA QUEN DEBE ACTUAR”, ASEGURA O ALCALDE

SÓ OITO PRAZAS NUN REFERENTE TURÍSTICO

O municipio conta cun único aparcadoiro de autocaravanas de oito prazas, situado en San Cosme, que se queda pequeno para un lugar tan atractivo a nivel turístico como Barreiros. “É absolutamente insuficiente para unha modalidade de turismo en auxe coma esta”, expón Fuente Parga.

ÚLTIMAS

María José Ginzo, matemática: “Unha conclusión é que o mapa dos apelidos galegos coincide cos das dióceses”

-Que motivación viches en realizar un traballo arredor dos apelidos, a súa cuantificación e...

As néboas perennes do Alto do Fiouco manteñen o debate sobre a seguridade viaria na A-8: “Cando xa estás no túnel de néboa, non...

Nos verdes pasteiros que disecciona a Autovía do Cantábrico ao seu paso polos municipios lucenses...

Foz fai un balance positivo do verán con mil visitantes máis que en 2023

As oficinas de turismo de Foz e o Centro de Interpretación da Basílica de...

A Deputación de Lugo asina un convenio para impulsar a formación de redeiras

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou un novo convenio de...