InicioM.ambiente e Patrimonio(VIDEOMAPPING) A Catedral de Mondoñedo cumpre oito séculos como centro da vida...

(VIDEOMAPPING) A Catedral de Mondoñedo cumpre oito séculos como centro da vida mindoniense

Actividades civís, eclesiásticas e militares participaron no acto de celebración do aniversario, englobado na festa das San Lucas

Publicada o

- Advertisement -

Os actos de celebración do 800 aniversario da Catedral de Mondoñedo reuniron na cidade episcopal a unha ampla representación de autoridades eclesiásticas, civís e militares, no marco das festas patronais, As San Lucas 2019. Na Casa dos Cóengos, recentemente restaurada, o bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol, Luis Ángel de las Heras, deu a benvida a todos os asistentes, recordou brevemente a historia da Catedral e destacou o proxecto de ampliación do Museo Diocesano e Catedralicio.

Entre as autoridades eclesiásticas que asistiron a estes actos estaban os arcebispos de Santiago de Compostela e Braga e os bispos de Santander, Ourense, Lugo e auxiliar de Santiago. Asistiu tamén o administrador diocesano de Astorga. Entre as autoridades civís, en representación da Xunta estiveron o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, directores xerais de Políticas Culturais e Patrimonio Cultural e o delegado territorial en Lugo.

 

Acudiron tamén o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), José María Gómez y Díaz-Castroverde, así como os alcaldes de Foz, Fran Cajoto, e A Pastoriza, Primitivo Iglesias. A representación militar correu a cargo do xeneral comandante da Forza de Protección da Armada en Ferrol, coronel do Tercio Norte en Ferrol e coronel xefe da Comandancia da Garda Civil en Lugo.

Na súa intervención, a alcaldesa mindoniense, Elena Candia, sinalou: «Hoxe celebramos 800 anos de historia e de espiritualidade da nosa Catedral da Asunción tomando como referencia para esta efeméride o comezo do pontificado de Martín I aló polo 1219 que foi quen, ao fin, establece definitivamente a Sé Episcopal en Mondoñedo, que foi o gran impulsor da súa construción e que consagrará a mesma uns anos máis tarde».

Fonte: Concello de Mondoñedo/Marcos Candia/Facebook.

“LUGAR PREFERENTE” DO CAMIÑO NORTE

Noutro momento da súa intervención, a rexedora destacou: «Dende o comezo da súa historia a Catedral foi o centro da vida mindoniense e na actualidade segue a ser o gran referente da cidade. Como alcaldesa de Mondoñedo quero destacar á nosa Catedral como un elemento dinamizador turístico, un faro guía que nos debe levar a estar nun lugar preferente no Camiño de Santiago do Norte, pois, é tamén hai que dicilo, temos a única Catedral que está no Camiño Norte dende Santander, en Cantabria, ata Santiago de Compostela, fin de todos os Camiños».

VIDEOMAPPING

No marco do Festival Intercéltico das San Lucas proxectouse un videomapping conmemorativo dos oito séculos da coñecida como a “catedral axeonallada”.

ÚLTIMAS

Petición de 18 anos de cadea por querer matar o seu padrasto a marteladas en Ribadeo

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este venres o xuízo contra un home acusado...

Interveñen 45 quilos de produtos pesqueiros sen etiquetaxe e documentación comercial en Xove

A Garda Civil interveu 45 quilos de breca, xurelo e sargo que eran transportados...

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...