InicioM.ambiente e PatrimonioA Illa Coelleira e a Estaca de Bares, enclaves para o estudo...

A Illa Coelleira e a Estaca de Bares, enclaves para o estudo das aves

O curso sobre Turismo, educación e ocio vinculados á ornitoloxía na costa norte de Galicia pechouse este domingo no Mañón e O Vicedo

Publicada o

- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, asistiu á clausura do curso sobre Turismo, educación e ocio vinculados á ornitoloxía na costa norte de Galiciaque se desenvolveu durante os últimos tres días e foi promovido polos concellos de Mañón e do Vicedo. O delegado territorial da Xunta estivo acompañado neste acto polo alcalde deste último concello, Jesús Novo Martínez.

A iniciativa estaba dirixida principalmente á mocidade, e foi subvencionada pola Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Xuventude.

Durante o curso, os participantes realizaron excursións ornitolóxicas e visitas diarias ao cabo de Estaca de Bares para observar e aprender sobre aves mariñas. Tamén na contorna da Illa Coelleira xa que constitúe unha destacada área de observación ornitolóxica.

O delegado animou a “aplicar o aprendido e continuar achegándose a este tipo de turismo, que os levará a entornos naturais únicos”. Neste sentido, Balseiro sinalou que as aves “dan a medida da calidade medioambiental dos nosos espazos naturais e mesmo das cidades”.

Esta cita vén a coincidir nas vésperas do Día Mundial das Aves Migratorias, unha conmemoración anual para avanzar na súa conservación e a dos seus hábitats en todo o mundo.

GALICIA BIRDING

Balseiro instou a explorar as posibilidades que ofrece o turismo ornitolóxico en Galicia a través do programa Galicia Birding, que promove a Consellería de Cultura e Turismo.

A Xunta ofrece na páxina web de Turismo de Galicia a oferta completa de Galicia Birding, con propostas para viaxar por todo o territorio galego para ver as aves que habitan en cada zona.

ÚLTIMAS

Alcoa di que achegará 120 millóns mentres o persoal pide seguridade nos postos de traballo

O comité de Alcoa San Cibrao informa de que a compañía lles trasladou que...

Foz elixe esta fin de semana o rei ou raíña do Entroido

Esta fin de semana o concello de Foz está cargado de actividade, con teatro...

As Festas de San Roque xa teñen comisión

O Concello de Viveiro celebra que unha comisión se encargue da organización das festas...

A Biblioteca Viejo Pancho de Ribadeo galardoada no concurso María Moliner

A Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, resultou galardoada no Concurso de Proxectos...