InicioM.ambiente e PatrimonioA necropsia confirma que a balea atopada en Foz morreu por un...

A necropsia confirma que a balea atopada en Foz morreu por un palangre que case seccionou a cola

Os biólogos da Cemma precisan que a lesión provocada polo aparello de pesca impediulle ao rorcual alibranco que varou en Llas poder nadar e alimentarse

Publicada o

- Advertisement -

A necropsia realizada polos técnicos da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) ao cadáver da balea alibranca que varou o pasado domingo na praia de Llas, en Foz, confirmou a hipótese principal, que o varamento e a morte do animal se deberon á lesión provocada por un palangre que se engrellou na aleta caudal do cetáceo ata case seccionala.

Deste xeito, o aparello de pesca impediulle ao animal, un exemplar xuvenil de cinco metros de lonxitude, nadar con normalidade e tamén alimentarse.

O caso é pouco habitual, sinala Alfredo López, biólogo da Cemma, porque o normal é que cando se dan estas circunstancias, os cetáceos perezan en alta mar. Sobre a incidencia do aparello, o técnico expón que “calquera actividade pesqueira vai ter unhas consecuencias na flota mariña”, aínda que admite que son necesarios “medios” para investigacións que axuden a “tomar medidas para minimizar ese impacto no futuro”.

“AUMENTO ESPECTACULAR” DOS VARAMENTOS

A cantidade de varamentos -non só de cetáceos, senón tamén de tartarugas ou quenllas- neste 2019 preocupa aos científicos, pois déronse máis casos en nove meses -un total de 350- ca no promedio de exercicios anteriores, de 265.

Esta documentación recóllese “con criterios que son sempre os mesmos”, polo que López fala dun “aumento espectacular” que, por agora, os biólogos traballan para comprender.

ÚLTIMAS

Petición de 18 anos de cadea por querer matar o seu padrasto a marteladas en Ribadeo

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este venres o xuízo contra un home acusado...

Interveñen 45 quilos de produtos pesqueiros sen etiquetaxe e documentación comercial en Xove

A Garda Civil interveu 45 quilos de breca, xurelo e sargo que eran transportados...

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...