InicioM.ambiente e PatrimonioAtopan o cadáver dunha balea alibranca na praia de Llas

Atopan o cadáver dunha balea alibranca na praia de Llas

A Cemma, que realizará este luns a necropsia, cre que o palangre que apareceu na aleta caudal do animal provocou a súa desorientación e esgotamento

Publicada o

- Advertisement -

O cadáver dunha balea alibranca foi atopada o pasado domingo na praia de Llas, no municipio de Foz, segundo informou a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma).

Segundo confirmou a coordinadora, o corpo do animal varado en Foz é o dun macho duns cinco metros de lonxitude de rorcual alibranco ou balea alibranca. Un exemplar desta mesma especie estivo a piques de varar este verán na praia do Torno de San Cibrao, uns días antes de aparecer morto preto do areal de Limosa.

Especialistas da Cemma realizarán esta tarde a necropsia, aínda que é probable que a balea falecese polos problemas ocasionados por un aparello de pesca de palangre que lesionou a aleta caudal, na cola do animal, que lle serve para propulsarse.

“Probablemente engrellouse e logrou librarse, pero levou parte do aparello, o que lle iría causando esgotamento e unha morte con bastante sufrimento”, lamenta Alfredo López, biólogo da Cemma.

Palangre engrellado na cola do animal. CEMMA

AUMENTO DOS VARAMENTOS

Trátase dun caso pouco frecuente, aínda que desde a coordinadora chaman a atención sobre a cantidade de varamentos que se están a producir este ano en Galicia. “Este 2019 levamos arredor de 380, dos que entre 100 e 120 foron en verán, unha cifra que non é habitual para nada”, expón López.

A ONG non é capaz por agora de dar unha explicación a este fenómeno, pero incide na de que moitos destes animais estaban vivos ao varar nas praias. “Pódese deber a unha enfermidade, pero non temos unha conclusión sobre esta cuestión”, explica o biólogo.

ÚLTIMAS

Petición de 18 anos de cadea por querer matar o seu padrasto a marteladas en Ribadeo

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este venres o xuízo contra un home acusado...

Interveñen 45 quilos de produtos pesqueiros sen etiquetaxe e documentación comercial en Xove

A Garda Civil interveu 45 quilos de breca, xurelo e sargo que eran transportados...

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...