InicioM.ambiente e PatrimonioO Concello trocará a súa parte da Torre dos Moreno pola antiga...

O Concello trocará a súa parte da Torre dos Moreno pola antiga Casa de Telefónica

O goberno local cederá o 21% da titularidade do monumento polo edificio rehabilitado, ao que trasladará o xulgado de paz

Publicada o

- Advertisement -

Na procura dunha solución para a situación de semi ruína da Torre dos Moreno, o Concello de Ribadeo permutará a parte da propiedade municipal do inmoble –o 21,25%– pola antiga Casa de Telefónica, un edificio situado na praza de Abaixo. A intención do goberno local, que informou á xunta de portavoces desta proposta, é trasladar a esta edificación o xulgado de paz ribadense, dado que as actuais instalacións están nun pésimo estado.

A Torre dos Moreno pertence nun 60% á empresa Paisajes de Asturias, nun 21% ao Concello e nun 19% a donos sen identificar. A propietaria maioritaria mostrou a súa intención de adquirir a titularidade total do edificio, que supón polo seu estado un problema de seguridade pública, con algunhas zonas que presentan riscos de desplome.

segundo o peritaxe, a rehabilitación da torre custaría 5,15 millóns de euros, dos que o goberno local debería achegar 1,1

Así, Paisajes de Asturias plantexou o troco ao Concello, que deu o visto bo tras consultar aos técnicos municipais. Segundo o acordo entre goberno local e a empresa, a firma deberá entregar a antiga Casa de Telefónica rehabilitada.

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, explica que “esta permuta conta co informe favorable dos técnicos e xurídicos municipais posto que o importe entre o achegado e o recibido é favorable ao interese público do concello”.

A COMPRA DO INMOBLE, DESCARTADA

O Concello descartou outras posibilidades por inasumibles para as arcas municipais, como a compra do porcentaxe da titularidade en mans de Paisajes de Asturias para a reforma ou a colaboración na súa rehabilitación integral.

INFORME

Segundo o informe co que conta o goberno local, “os forxados, con armaduras á vista, requiren unha actuación inmediata”, así como “todas as cubertas planas” e tamén “as fachadas, posto que as caídas dalgúns elementos prodúcense de forma constante”. Así, segundo o peritaxe, o prezo da reparación ascendería a 5.147.999 euros, dos cales correspondería ao municipio o pago de 1.093.949 euros.

Con todo, Suárez Barcia non pecha a porta a que a Xunta de Galicia si poda asumir a parte da propiedade municipal, “dado que o Executivo autonómico si que ten infinitamente mais recursos económicos e competencias legais para facerlle fronte á conservación e uso desde edificio”.

XULGADO DE PAZ

O alcalde ribadense mostrouse crítico co Goberno galego ao lembrar que “non fructificou acordo ningún coa Xunta para que nos axudase a rehabilitar o actual xulgado de paz, tal e como demandan desde hai tempo os sindicatos de funcionarios da administración galega”. O local tivo nos últimos anos problemas de humidades ou co suministro eléctrico

Segundo asegura o goberno local, o Executivo Autonómico só se comprometeu a achegar 26.000 euros dos 191.000 que custaría a reforma do edificio. Por iso, o Concello aposta por trasladar o servizo ao inmoble recibido en troco. 

Podes ler aquí a proposta da alcaldía. Proposta de Alcaldía permuta Torre dos Moreno maio de 2018

ÚLTIMAS

Foz acende este xoves 5 de decembro o alumeado de Nadal

O Concello de Foz ten preparadas moitas actividades e sorpresas para este Nadal, que...

Ribadeo comeza as obras de mellora da Estrada da Costa

Deron comezo as obras de mellora da estrada da costa, que suporán un investimento...

Lucía Freitas, galardaoada co Primeiro Premio Merlín polo proxecto “Amas da Terra”

A cociñeira Lucía Freitas é a gañadora da primeira edición do Premio Merlín polo...

Comezan as obras de mellora do punto limpo de Viveiro

A Tenencia de Alcaldía de Viveiro informa de que xa comezaron as obras de...