InicioM.ambiente e PatrimonioRibadeo confirma que a vertedura de xurro ao Eo "non afectou á...

Ribadeo confirma que a vertedura de xurro ao Eo “non afectou á traída” e recomenda “non bañarse” na ría

O goberno local aconsella tomar precaucións mentres agarda polos resultados das mostras tomadas pola Confederación Hidrográfica do Cantábrico e pola Consellería de Sanidade

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo confirmou que a vertedura de xurro que chegou o pasado domingo ao Eo non afectou á traída de auga municipal.

O alcalde en funcións, Pablo Vizoso, explicou que captación “non se viu comprometida” xa que o punto de abastecemento está en Vilarbetote, máis arriba do lugar ao que chegaron os residuos procedentes dunha gandeiría de Guiar, no concello asturiano da Veiga.

“A empresa que xestiona o servizo (Iaqua) confirmounos que os parámetros das análises periódicas básicas da auga captada non se viron alterados”, aclarou o edil.

RIBADEO E TRABADA RECOMENDAN NON BAÑARSE

Con respecto a afectación dos últimos quilómetros do río, indicou que a Confederación Hidrográfica do Cantábrico tomou mostras para avaliar o alcance da contaminación. Segundo dixo, os resultados coñeceranse este martes.

A falta desas probas, o Concello aconsella “non bañarse na ría de Ribadeo” e “tomar precaucións nas actividades que se desenvolvan nese espazo”.

A recomendación afecta tamén praias dos Bloques e do Cargadeiro, nas que este luns se dispuxeron carteis informando aos bañistas da situación.

O Concello de Trabada tamén prohibiu o baño e suspendeu todo tipo de actividades de recreo no Eo.

ÚLTIMAS

Acepta prisión por cinco anos logo de ser detido por levar cinco quilos de cocaína no seu coche en Ribadeo

Cinco anos de prisión e unha multa de 1.231.004,71 euros, é a condena que...

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo denuncia que Renfe prioriza Asturias tras os seus cambios internos

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo puxo de manifesto que o principal problema...

Xulgan dúas persoas por un traballador morto tras ser alcanzado por unha barra de ferro en Xove

A causa pola morte dun traballador de 45 anos nun accidente laboral ocorrido en...

Presentado en Burela o Iberdrola Surfing Day

  A Presidenta da Deputación e Alcaldesa de Burela, Carmela López, participou hoxe na presentación...