InicioM.ambiente e PatrimonioMondoñedo acollerá unha concentración dos afectados polas louseiras

Mondoñedo acollerá unha concentración dos afectados polas louseiras

En Marea, BNG e SLG apoiarán a protesta contra a actividade de Piveri, o día 30 na praza do Concello

Publicada o

- Advertisement -

A Praza do Concello de Mondoñedo acollerá este sábado, desde as 12.00 horas, unha concentración en apoio á Asociación de Afectados polas Louseiras do Val do Río Baos, constituída por veciños das parroquias de Lindín e Santa María Maior, e aos traballadores da empresa Pizarras Veira do Río S.L. (Piveri).

O colectivo denunciou numerosas irregularidades por parte da firma, á que acusou de contaminar o encoro que surte de auga ao Concello de Lourenzá, de provocar fendas que supoñen unha ameaza para a seguridade ou de causar estragos en parcelas privadas e estradas de titularidade municipal.

Ante esta situación, a Xunta de Galicia ordenou paralizar a actividade, unha orde que non foi respectada pola empresa e que conlevou o precinto da mesma. Sen embargo, a plataforma afirma que a compañía non cesou a actividade.

Ademais dos incumprimentos das condicións de explotación, os operarios denunciaron que a empresa lles adebeda varios meses de traballo.

O Sindicato Labrego Galego (SLG) anunciou que apoiará a protesta. O voceiro de En Marea no Parlamento de Galicia, Luís Villares, acudirá ao acto, así como Ollalla Rodil, parlamentaria do BNG.

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...