InicioM.ambiente e PatrimonioBurela abre o prazo para anotarse nas xeorutas, que comezan o día...

Burela abre o prazo para anotarse nas xeorutas, que comezan o día 26

O programa, con tres itinerarios diferentes e 20 prazas por grupo, rematará o 16 de setembro

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela abriu o prazo para anotarse nas xeorutas, que organizará do 26 de xuño ao 16 de setembro. Os interesados en inscribirse poden facelo no teléfono 982.58.60.00, no blog rutasxeoloxicasdegalicia.blogspot.es ou na web www.turismoburela.org. Cada ruta terá un máximo de 20 prazas.

Ademais dos dous roteiros ofertados o ano pasado, A Marosa e O Perdouro, o goberno local incorpora este ano unha nova ruta, a do Cantiño. “Nela temos formacións rochosas que son moi interesantes e dignas de ver”, asegurou na presentación do programa Noelia Ben, a edil de medio ambiente. Tamén acudiron ao acto Ramiro Fernández, concelleiro de turismo, e o alcalde, o socialista Alfredo Llano.

DE BALDE E ASEQUIBLES

Todas as rutas son de balde e teñen unha lonxitude a cubrir de entre 3,2 e 7,8 quilómetros, cunha dificultade baixa. Os participantes poderán coñecer a orixe das acanaladuras ou tafonis, descubrir estruturas xeolóxicas de máis de 300 millóns de antigüidade ou o proceso de formación de cavernas e arcos rochosos.

Tríptico informativo. AXM

TERCEIRO ANO

É o terceiro ano que o Concello ofrece os roteiros. “Está funcionando moi ben desde que a puxemos en marcha”, explicou Fernández, que resaltou que “queremos que sexan unhas rutas nas que prime a calidade da visita e non a cantidade, de aí que haxa 20 prazas de límite por cada unha”.

ÚLTIMAS

Licitadas as obras para mellorar a intersección entre a N-642 e a LU-152 en Foz

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable licitou por 511.617,26 euros o contrato de...

‘Plans con Corazón’ da Mancomunidade chegarán a Ourol, Foz e Barreiros

Aproveitando que a vindeira fin de semana será un pouco máis longa, ao sumarse...

Medalla de Ouro de Viveiro á Xunta de Confrarías da cidade

O Concello de Viveiro celebrará este mércores, 7 de outubro, ás 19:30 horas, unha...

Ribadeo inviste un millón de euros na reparación de vías de comunicación

Ribadeo investirá un millón de euros no arranxo das vías de comunicación, procedente da...