InicioM.ambiente e PatrimonioMondoñedo restaurará as fontes e lavadoiros do Camiño norte

Mondoñedo restaurará as fontes e lavadoiros do Camiño norte

As actuacións, que ascenden a 18.000 euros, están financiadas polo Ministerio de Cultura

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Mondoñedo restaurará dez fontes e tres lavadoiros do municipio, principalmente aqueles que están situados no traxecto do Camiño norte de Santiago.

As actuacións, que o goberno local estima en preto de 18.000 euros, contan con fondos do Ministerio de Cultura, que ofrece axudas para proxectos de conservación, protección e difusión de bens declarados como Patrimonio Mundial, como é o caso da ruta.

Os mananciais que serán rehabilitados serán as fontes da Alameda, de Cega de Maariz, de San Pedro da Torre, de San Juan, do alto de Lindín, do Sapo, da igrexa vella de Lindín, de Cesuras, a Fonte Vella e a do Río do Sixto. Tamén se actuará nos lavadoiros de Lindín, do Río do Sixto e do barrio dos Muíños.

ÚLTIMAS

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...

Burela colabora co Bal y Gay para unha nova cita coa música clásica

O Concello de Burela colabora un ano máis co Festival Bal y Gay para achegar ao municipio unha nova cita coa música clásica. O vindeiro venres 14...

Primeiro parte da AEMET sobre o día da eclipse: Ceos nubrados no Cantábrico e litoral galego, con choivas no leste

O 12 de agosto, día da eclipse solar, será unha xornada marcada por unha...

Ribadeo prevé un aumento de 1.000 habitantes coas 300 vivendas proxectadas no PIA

O alcalde, Dani Vega, dixo que “tanto o Concello como a Xunta estamos a...